János Arany, nado en Nagyszalonta o 2 de marzo de 1817 e finado en Budapest o 22 de outubro de 1882 foi un xornalista, escritor e tradutor húngaro.Emil Reich: Hungarian Literature: An Historical & Critical Survey – Page 193 Publisher: L.C. Page, 1899 Famoso como autor de baladas, escribiu máis de 40 que se traduciron a 50 linguas, así como pola triloxía épica Toldi.
Traxectoria Naceu no condado de Bihar na Hungría dos HabsburgoDende 1920 a súa localidade natal pertence a Romanía. Era o máis novo de dez nenos, mais debido á tuberculose, só dous deles pasaron da infancia. No tempo do seu nacemento, a súa irmá máis vella Sára xa estaba casada e os seus pais, György Arany e Sára Megyeri, tiñan 60 e 44 anos, respectivamente. János Arany aprendeu a ler e escribir con tres ou catro anos , e lía calquera cousa que atopaba en húngaro e latín. Para axudar na casa, empezou a traballar aos 14 anos como axudante de profesor.
Dende 1833 estudou Colexio Reformado de Debrecen alemán e francés ao tempo que daba clases particulares. En 1836 deixou os estudos e entrou durante un breve período de tempo nun grupo de teatro. En 1839 volveu á súa localidade natal traballando como profesor particular.
En 1845 gañou a competición da sociedade literaria Kisfaludy Társaság co poema épico-satírico, "Az elveszett alkotmány".
Tras publicar o poema épico Toldi, un dos seus traballos máis coñecidos, fíxose amigo de Sándor Petőfi e a súa morte na Revolución Húngara de 1848 impactouno grandemente.
Entrou na Academia Húngara de Ciencias en 1858 e foi o seu secretario xeral dende 1865. Tamén foi director da Sociedade Kisfaludy, a asociación literaria máis grande de Hungría.
A morte da súa filla, Julianna en 1865 marcouno fondamente, Arany non volveu escribir outra peza orixinal ata 1877, cando empezou traballar no ciclo poético Őszikék.
Obra esquerda|miniatura|Ilustración de A Walesi Bárdok Traduciu tres obras de Shakespeare ao húngaro, Soño dunha noite de San Xoán, Hamlet e King John, así como obras de Aristófanes, Mikhail Lérmontov, Alexander Pushkin e Molière.
A poesía épica de János Arany presenta o pasado mítico e histórico da súa nación. Buda halála (1863), a primeira parte dunha proxectada triloxía é un mellores poemas narrativos da literatura húngara. As outras partes da triloxía (Ildikó, e Csaba) quedaron inacabadas.
Un dos seus poemas máis famosos é A Walesi Bárdok que escribiu cando Francisco Xosé I de Austria visitou Hungría por primeira volta despois da derrota da Revolución Húngara de 1848. É unha peza sobre das campañas de Eduardo I de Inglaterra para subxugar os galeses e pisar a súa cultura. Arany trazaba un paralelo co tratamento de Austria a Hungría e aos húngaros.
Notas
Véxase tamén
Poeta de guerra
Categoría:Nados en 1817 Categoría:Finados en 1882 Categoría:Poetas de Hungría Categoría:Alumnos da Universidade de Debrecen Categoría:Escritores en lingua húngara Categoría:Tradutores do inglés Categoría:Nados en Romanía