O Barrio de Puga é un lugar da parroquia de Pradeda no concello de Carballedo, na comarca de Chantada. Segundo o INE a súa poboación no ano 2016 era de 7 persoas (5 mulleres e 2 homes), en 2018 eran 5 (3 mulleres e 2 homes).

Toponimia O topónimo de Barrio vén do latín tardío , á súa vez do árabe barri (exterior). Puga pode significar vástago de enxerto..

Algúns microtopónimos da aldea son O Agro de Pedras, A Cabada, A Calexa, O Carredal, O Carril, Cas Vicente, Cornelle, A Corredoira, A Costa da Ermida, A Felga, Gatón de Dentro, Gatón de Fóra, A Lama, As Lamas, A Leira da Deves, A Leira de Fondós, Os Montes do Coto. A Nabeira, A Nabeira da Cambota, O Prado da Carretera, Os Ramos, A Rigueira, Sabariz, A Serra Pequena, A Subodega de Dentro, A Subodega de Fóra e A Xesteira.

Patrimonio No Barrio de Puga e a carón da estrada N-540 está o Carballo Grande do Mestre, catalogado como unha das árbores senlleiras de Galicia.

miniatura|O Barrio de Puga visto desde A Ermida de Milleirós miniatura|O carballo do Mestre no Barrio de Puga

Notas

Lugares e parroquias Lugares de Pradeda

Parroquias de Carballedo

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Carballedo

Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía Categoría:Lugares de Carballedo