Galiasgar Galiakbar ulı Kamaletdinov () ou simplemente Galiasgar Kamal (), nado en Kazán o 6 de xaneiro de 1879 e finado na mesma cidade o 8 de xuño de 1933, foi un xornalista, escritor e dramaturgo tártaro.
Traxectoria Nado no seo dunha familia de curtidoresСветлана Колосова (2017) Энциклопедический словарь псевдонимов . Litres. Estudou nas madrasas Gosmania e Moxammadia entre 1889 e 1897. Asemade aprendeu a lingua rusa durante tres anos nunha escola municipal.
A primeira peza de Kamal foi Bәhetsez eget de 1898 que se publicou en 1900. En 1901 publicou o periódico Тәраккый e foi un dos organizadores da editorial Мәгариф. Participou activamente no grupo de teatro Säyyär, organizado en 1906, como un actor e un dramaturgo. A Revolución Rusa de 1905 marcouno fondamente, e inspirado nos seus eventos escribiu Berenche Teatr (1908) e Bаnкrот (1911). Esa época foi a de máxima creatividade e a máis recoñecida do autor Ф.Ганиева, Р. Яруллина, А. Саттарова; кереш сүз авт. Ф. Ганиева (2007) Татар драматурглары : биобиблиогр. белешмәлек Казан : Татар. кит. E dende os xornais Азат e Азат Xалык publicou artigos promovendo as ideas marxistas, editou tamén a revista satírica Яшен (1908-09), e traballou no xornal Йолдыз (1907-17). Despois da revolución de outubro escribiu poemas satíricos e colaborou nos xornais Эш e Кызыл байрак.
Como tradutor verteu ao tártaro Ревизор de Nikolai Gogol, Гроза de Alexandr Ostrovsky e На дне de Maxim Gorki.
Referencias
Categoría:Nados en 1879 Categoría:Finados en 1933 Categoría:Dramaturgos Categoría:Escritores de Rusia Categoría:Escritores en lingua tártara Categoría:Personalidades do xornalismo Categoría:Tradutores do ruso Categoría:Actores de teatro Categoría:Nados en Kazán