miniatura|Caracois do Mediterráneo en estivación. miniatura|Xema floral de magnolio. A estivación (do latín aestivatio, derivado de aestivare: veranear)Font Quer, P. (1982) é un termo que ten un significado moi diferente en zooloxía e en botánica. En zooloxía é un período de inactividade e ralentización do metabolismo polo que pasan algunhas especies durante a estación seca. En botánica refírese á disposición da partes das xemas florais ou a un proceso previo á xerminación nalgunhas especies.
En zooloxía
En zooloxía a estivación é un estado fisiolóxico dalgúns animais consistente no letargo, inactividade ou torpor que se produce por un descenso na actividade metabólica como resposta ás condicións extremas e periódicas que se producen durante o verán ou estación seca. Estas condicións poden ser debidas a un aumento considerable da temperatura ambiental ou a unha diminución hídrica importante, xa sexa ambiental ou do nivel das masas de auga.Allaby (1984)Lancha e Sempere (1988)DRAE, 22ª edición (2011)Miller (2007)
Este fenómeno é máis frecuente en especies animais tropicais, mais non é exclusivo e pode producirse tamén en especies de zonas temperadas. É parte do ciclo biolóxico de moitas delas, e pode ser incluso necesario para o correcto desenvolvemento embrionario ou gonadal, como ocorre nalgunhas tartarugas de América do Sur.Rhodin (2009)
Durante a estivación, os animais xeralmente se enterran en toqueiras de barro húmido co que se rodean formando un casulo ou vaíña que os protexe da deshidratación e das altas temperaturas. Ao enterrárense desta maneira crean microambientes moi diferentes do exterior, chegando a non ter variacións diarias de temperatura.Miller (2007), tomado de Pinder et al. (1992) Exemplos de animais que se enterran pódense encontrar entre os peixes pulmonados, anfibios e réptiles. Entre estes últimos un exemplo moi claro de estivación dáse nos crocodilos e caimáns, cando nas épocas de seca e escaseza de alimentos entérranse no barro e ralentizan o seu metabolismo, ralentizan a frecuencia cardíaca e baixan a súa temperatura corporal. Outros animais buscan refuxio entre a vexetación, como os caracois, ou en ocos ou goridas de diferentes clases, como anfibios, réptiles e incluso mamíferos.Whiters (1997)Dausman (2004)
Aínda que os períodos de estivación adoitan ser dalgúns meses ao ano, coñécense casos de anuros que permanecen neste letargo ata 5 anos, aínda que a maioría da poboación morre durante o proceso.
En botánica O termo estivación refírese en botánica á disposición das pezas das xemas florais, as cales se abren con posterioridade ás xemas foliares.Hickey e King (2001)
En taxonomía pode ser un carácter de diagnóstico importante, por exemplo, na familia Malvaceae os xéneros Fremontodendron e Chiranthodendron son os únicos que non posúen sépalos valvados nas xemas florais.
Tamén é o proceso fisiolóxico inducido pola calor do sol polo que deben pasar diversos propágulos e sementes para xerminar.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Diapausa Diapausa embrionaria Dormencia Hibernación Vernación Vernalización
Categoría:Fisioloxía animal Categoría:Etoloxía Categoría:Morfoloxía vexetal