Manuel Cantero de San Vicente González y Gonzalo, nado en Madrid o 21 de setembro de 1804 e finado, tamén, en Madrid o 6 de decembro de 1876, foi un economista e político español.

Traxectoria

Foi alcalde de Madrid dende o 23 de decembro de 1835 até o 9 de setembro de 1836.

Ocupou un escano no Congreso dos Deputados por Madrid e por Valladolid en 1836, 1839, 1840, 1841 e 1843, e por Sevilla en 1846 e 1854, durante o reinado de Isabel II. Tamén foi ministro de Facenda en varias ocasións: entre novembro e decembro de 1843 (no primeiro gabinete da Década Moderada), en xullo de 1854 (antes do regreso ao goberno de Baldomero Espartero) e entre xullo e setembro de 1856.

Foi nomeado senador vitalicio en 1851. Apoiou a revolución de 1868 e foi membro da Xunta Superior Revolucionaria.de la Fuente (2000), p. 69 Trala caída de Isabel II e establecido o Sexenio Democrático, foi novamente elixido deputado polo distrito electoral de Xátiva nas eleccións xerais de 1869 e senador pola provincia de Huesca en 1872 e en 1876.

Foi gobernador do Banco de España desde outubro de 1868 até a súa morte en decembro de 1876.

Recoñecementos O 27 de febreiro de 1834, foi nomeado Cabaleiro da Orde de Carlos III.

Cargos

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Lista de gobernadores do Banco de España.

Ligazóns externas Gobernadores do Banco de España Ficha no Senado.

Categoría:Finados en 1876 Categoría:Gobernadores do Banco de España Categoría:Nados en 1804 Categoría:Nados en Madrid Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados Categoría:Senadores de España Categoría:Ministros de España Categoría:Políticos do Partido Progresista