SOHLA 1, tamén coñecido como Maido 1, é un satélite artificial da asociación xaponesa SOHLA lanzado o 24 de xaneiro de 2009 mediante un foguete H-IIA desde o Centro Espacial de Tanegashima.

Características SOHLA 1 é un pequeno satélite de 50 kg de masa construído pola asociación industrial xaponesa SOHLA e adicado a probar varias novas tecnoloxías, entre elas unha cámara de observación da cobertura nubosa e dos raios das tormentas.

Véxase tamén Outros artigos H-IIA

Notas

Categoría:Satélites artificiais