Abu ʾl-Qasim Ferdowsi Tusi máis coñecido só como Ferdowsi, nado en Paj c. 940 e finado en Tus en 1020, foi un poeta persa, autor de Shahnameh, o poema épico máis longo creado por un único autor, e a épica nacional do Grande Irán. Ferdowsi celébrase como o autor máis influente da literatura persa e un dos principais da historia da literatura.
Traxectoria Ferdowsi naceu no seo dunha familia de propietarios de terra (dehqans) nunha aldea preto da cidade de Tus na rexión de Khorasan do Imperio Samánida, na actual provincia Razavi Khorasan do nordeste de Irán.Davis, Dick (2006). Introdución a Shahnameh: the Persian book of kings. Ferdowsi, Abolqasem. Viking, p. xviii Pouco é o que se sabe da vida do poeta, coñécese que tiña unha muller e un fillo que lle morreu con 37 anos e que recordou nunha elexia inserida en Shahnameh.
miniatura|Ferdowsi e os tres poetas gaznávidas da corte Non se sabe se escribiu algunha obra anterior, comezou a traballar en Shahnameh arredor do ano 977 coa intención de continuar o traballo do poeta Daqiqi asasinado por un escravo. Como Daqiqi, Ferdowsi empregou como unha das fontes o Shahnameh de Abu-Mansuri, en prosa e preislámico. Recibiu xeneroso patrocinio do samánida Mansur e completou unha primeira versión en 994. Cando o turcos gaznávidas derrubaron os samánidas en 999, Ferdowsi continuou a traballar no poema, reescribindo seccións enteiras para eloxiar o novo sultán Mahmud. Ferdowsi finalmente rematou a súa obra épica o 8 de marzo de 1010. Practicamente nada se sabe con algunha certeza da última década da súa vida.
Notas
Categoría:Finados en 1020 Categoría:Nados en 940 Categoría:Nados no Khorazán Razaví Categoría:Escritores de Irán Categoría:Escritores en lingua persa Categoría:Poetas de Persia