Martín Belda y Mencía del Barrio nado en Cabra (Córdoba) o 12 de agosto de 1820 e finado en Madrid o 1 de xaneiro de 1882, foi un militar e político español, e ministro de Mariña, durante o reinado de Isabel II de España.
Traxectoria Fillo do valenciano Francisco Belda Calabuig, comerciante de panos, e empregado de correos, procedente de Bocairent, e Rosa Mencía del Barrio López, natural de Cabra. Aprende na súa cidade natal as primeiras letras e cando tiña 15 anos marchou para Madrid. A pesar de ter só unha educación básica, prosperou no mundo político pola súa capacidad de creear unha rede de intereses no sur de Córdoba, onde foi deputado, polo distrito de Cabra, en varias lexislaturas desde 1846.
Cargos públicos Martín Belda é un exemplo prototípico da persoa que non é un político tradicional de familia de avoengo, nin unha persoa con fortuna, senón que tivo moi claro que debía ser un político que serve os intereses dos votantes importantes do seu distrito e por iso, continuamente, aparece como deputado nas sucesivas eleccións.
Soubo buscar influencias e co apoio de paisanos como Vicente Alcalá Galiano obtivo o primeiro oficio en Madrid de escribente no ministerio de Mariña. De contado, pasou a formar parte do Partido Moderado da tendencia denominada os "polacos" que dirixía Luis José Sartorius y Tapia, conde de san Luis, que o axudou a obter o grao de coronel na mariña. Foi Ministro de Mariña durante os gobernos do partido moderado dominado por Narváez e González Bravo, entre os anos 1867 e 1868. Unha das primeiras medidas que tomou foi a de anular un pedido de buques de guerra o que motivou o descontento da oficialía de mariña e o apoio destes ao pronunciamento que se preparaba contra Isabel II. Ao se producir a Gloriosa, marchou con Isabel II ao exilio a París.
Despois da restauración borbónica, recibiu do novo rei Afonso XIII o marquesado de Cabra no ano 1875 pola súa lealdade á Coroa (decreto do 5 de febreiro e despacho do 17 de xuño). Foi tamén presidente do Congreso, de xeito interino entre febreiro e marzo de 1865 e, de xeito efectivo entre marzo e decembro de 1867. Tamén
Foi elixido membro do parlamento de Cabra nas eleccións xerais de 1876 e 1879. Durante o goberno de Cánovas del CastilloLa Ilustración española y americana, I. p.3, foi apoderado xeral de Isabel II e de aí pasou a ser nomeado Gobernador do Banco de España entre febreiro de 1878 e marzo de 1881.
Outras características Foi amigo do autor egabrense Juan Valera y Alcalá Galiano aínda que as relacións foron entubiándose. Tamén foi un benfeitor do Real Colexio da Inmaculada Concepción de Cabra, hoxe IES Aguilar y Eslava, do que foi antigo alumno“Instituto-Fundación Aguilar y Eslava” Salvador Guzmán Moral, Participación Educativa nº 7, marzo de 2008, revista del Consejo Escolar del Estado, p. 91-97.. Foi condecorado coa Gran Cruz da orde de Carlos III.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Garrido Ortega, José M.(2004). Martín Belda, unha política de servizo de Isabel II (2 vols.). UCOPress, Editorial Universidad de Córdoba. Córdoba ISBN 8478017127
Outros artigos Lista de gobernadores do Banco de España
Ligazóns externas Cordobeses ilustres
Categoría:Gobernadores do Banco de España Categoría:Militares de Andalucía Categoría:Nados en 1820 Categoría:Finados en 1882 Categoría:Ministros de España Categoría:Presidentes do Congreso dos Deputados Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados Categoría:Políticos do Partido Moderado Categoría:Nados na provincia de Córdoba