dereita|miniatura|Necrolóxica de cabodano en El Progreso, 19-IV-1941. José Viador Traseira, nado en Lugo cara a 1901En agosto de 1935 tiña 34 anos. e finado na Fraga Vella (Romariz, Abadín) o 7 de abril de 1940El Progreso, 10-4-1940, p. 2., foi un falanxista galego.

Traxectoria

No curso 1913-14 iniciou os estudos no seminario de Lugo. Contratista de obras, en 1932 foi denunciado por maltrato a un veciño.

Fundador da Falange Española de las JONS de LugoBoletín Oficial de la Provincia de Lugo|data=1 de agosto de 1940}}, da que foi xefe provincial dende febreiro de 1936, aínda que só do norte da provincia, pois debido aos conflitos internos, Manuel Hedilla dividiu en dous sectores a provincia, adxudicando o sur a Mario González Zaera. En 1935 tivo un altercado no bar Tupi a consecuencia do cal foi xulgado con outros 15 militantes. En maio de 1936 foi condenado a un mes e un día de arresto por tenza ilícita de armas e reunión clandestina.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado xefe provincial de milicias. Despois foi inspector provincial de feiras e inspector provincial da Falange. Trasladouse a Abadín, onde se fixo cunha gran propiedade en Romariz ao cercar case 700 hectáreas do monte comunal Fraga Vella que pertencía aos veciños de cinco parroquias. Foi axustizado o 7 de abril de 1940, e as autoridades atribuíron a autoría da morte ao guerrilleiro Luís Trigo Chao.

Vida persoal

Casou en Madrid con Mercedes Rubio en 1929.El Progreso, 9-10-1929, p. 1.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Falanxistas Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1901 Categoría:Finados en 1940 Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos