José María Pérez Álvarez, coñecido como Chesi, nado no Barco de Valdeorras o 9 de abril de 1952 e finado en Ourense o 24 de decembro de 2025, foi un escritor galego en lingua castelá.
Traxectoria Dirixiu o programa de divulgación literaria El libro de la semana na Cadena SER (1994-2004) analizando obras de poesía, narrativa e teatro. Colaborador da revista Jano e en tallerdeediciones.com, foi director da colección «La Letrería» da editorial Duen De Bux (2007-2011). Aparece seleccionado na antoloxía Afinidades electivas (revista Letras libres, 2003), coordinada por Juan Goytisolo.
Xunto á súa novelas e contos en castelán, publicou relatos en galego nas revistas Animal e Trebo, e un relato, "Sempre abril e domingo", na antoloxía Narradores de cine (Ed. Xerais). Tamén unha novela curta, Notas necrolóxicas, no libro antolóxico Palabras da montaña. Colaborou en Faro de Vigo e tamén en catálogos de pintores, escultores e fotógrafos, como X. Cuíñas, Lazcano, Terrachán, Acisclo Manzano, Alexandro, Virxilio Fernández, Manuel García de Buciños e Mani Moretón.
Desde 2014 administrou o blog El arte del puzle.
O seu artigo «Las esquinas habitadas», publicado en Jano e no portal Galipress.com, foi plaxiado por Alfredo Bryce Echenique (Premio Planeta 2002), o 12 de novembro de 2006, en El Correo de Lima, co título «La tierra prometida». A principios de 2012, Juan Goytisolo, propuxo para Finnegan's List, La soledad de las vocales, xunto a aoutras dúas.
Obras Los siete signos (1974), conto. El hombre con un sombrero como Humphrey Bogart (1975), conto. Nueve de abril (1986), conto. La vida innecesaria (1988). Como se nada existisse (1995). Autoedición. ISBN 9788460621669. Las estaciones de la muerte (1987, reeditada por Duen De Bux en 2008, ISBN 9788493602437). Ferias y Mercados en la Provincia de Leon (1998). Universdidade de León. ISBN 9788477196693. Un montón de años tristes (1999). Nembrot (2002). Reeditado en 2014 por Uno y Cero Ediciones en formato dixital. Cabo de Hornos (2005). DVD. ISBN 9788496238312. La soledad de las vocales (2008). El disfraz (2011). Tela de araña (2012). E.A.B. (Escritor Ágrafo Bipolar) (2013). Dos por uno (2014), antoloxía de artigos xornalísticos. Examen Final (2014). Trifolium. 136 páxs. ISBN 9788494210365. Novela. Nembrot (Transmigraciones y máscaras) Ed. Trifolium (2016). Versión orixinal de Nembrot (DVD Ediciones, 2002) e contén quince capítulos máis e 200 páxinas inéditas. La Biblia para torpes (2016). San Pablo. 196 páxs. ISBN 9788428552141. La oración para torpes (2016). Sab Pablo. 160 páxs. ISBN 9788428552134 Predicciones catastróficas (2018). Ed. Trifolium. 264 páxs. ISBN 9788494758102. Novela. El arte del puzle (2019.) Ed. TREA. Novela. 312 páxs. ISBN 9788418932175. Los años borrosos (2021). Ed. TREA. Relatos. 96 páxs. ISBN 9788418932175. Clero y sociedad en el noroeste de la península ibérica del medievo al mundo actual (2023). Tirant Lo Blanc. 452 páxs. ISBN 9788419286666.
Obra en Galego En perigo de extinción (1996). Edicións Positivas. 64 páxs. ISBN 978-8487783388.
Premios Mor de Fuentes (contos, 1973). Hucha de Plata (contos). 1985: Premio Gabriel Miró de cuento, por Nueve de abril. 1988: Premio Gabriel Sijé de novela curta, por La vida innecesaria. 1993: Premio Felipe Trigo de novela curta. Premio Constitución 1987, convocado pola Junta de Extremadura, con Las estaciones de la muerte. 2008: Premio Bruguera de novela por La soledad de las vocales.
Co conto titulado La fuga foi finalista dos Premios del Tren (2012). Coa novela Cabo de Hornos quedou ás portas do Premio Nacional de Narrativa
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Blog do autor
Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados no Barco de Valdeorras Categoría:Nados en 1952 Categoría:Finados en 2025