Planocraniidae (planocránidos) é unha familia de crocodilianos basais que viviron no Eoceno en Asia, Europa e Norteamérica. A familia foi nomeada por Li en 1976, e contén dous xéneros: Boverisuchus e Planocrania.

Os restos de Boverisuchus atopáronse en Alemaña e probablemente en Norteamérica e chegaba aos 3 metros de lonxitude. Os restos de Planocrania atopáronse na China e pertencen a dúas especies. Planocrania estaba antes clasificado na familia Pristichampsidae, pero despois creouse para el a familia Planocraniidae.

Notas

Categoría:Crocodilomorfos