O aeroporto de Milán-Malpensa (IATA: MXP, ICAO: LIMC), antigamente aeroporto cidade de Busto Arsizio, é o aeroporto internacional máis grande da área metropolitana de Milán, no norte de Italia. Serve aos 15 millóns de habitantes da Lombardía, Piemonte e a Liguria, ademais dos que vivén na rexión suíza do cantón de Ticino. O aeroporto está situado a 49 km ao noroeste do centro de Milán, próximo ao río Ticino, que divide Lombardía e Piemonte. Ten dúas terminais e dúas pistas de aterraxe ademais dunha terminal dedicada á carga.
No ano 2016 pasaron por Malpensa 19 320 546 pasaxeiros e foi o 29º aeroporto máis concorrido de Europa en termo de viaxeiros. Ata 2008 Malpensa foi un centro de conexións principal para a aeroliña nacional Alitalia. Malpensa é o segundo aeroporto italiano con máis tráfico internacional, despois de Roma-Fiumicino, e é o máis concorrido en termos de carga. Polas súas instalacións pasan 500 000 toneladas de carga anualmente.
O primeiro aeroporto industrial foi aberto en 1909 preto de Cascina Malpensa, unha vella granxa, por Giovanni Agusta e Gianni Caproni para probar os seus prototipos de avións. Ese aeroporto foi aberto para operacións civís en 1948 durante o período de reconstrución tras a guerra co obxectivo de servir á área norte de Milán.
Aeroliñas e destinos Pasaxeiros
Carga
Notas
Milán