O aeroporto de Kristianstad (IATA: KID, ICAO: ESMK) é un aeroporto rexional sueco situado ás aforas da cidade de Kristianstad en Escania.

Historia Foi construído durante os anos 40 para uso militar. No ano 1961 comezou a ser usado pola aviación civil. Estocolmo sempre foi o principal destino por número de pasaxeiros. Tamén operou algúns voos internacionais como Copenhague (antes da construción da ponte de Öresund), Londres, Liubliana, Kaunas e Palanga. O aeroporto pertenceu ao estado sueco ata 2004, pero a día de hoxe é da cidade e do condado de Kristianstad.

Aeroliñas e destinos

Notas

Kristianstad