Coral Herrera Gómez, nada en Madrid en 1977, é unha escritora e comunicadora feminista española radicada en Costa Rica, coñecida pola súa crítica ao mito do amor romántico e polas súas achegas aos estudos queer.

Traxectoria Coral Herrera é licenciada en Humanidades e Comunicación Audiovisual pola Universidade Carlos III de Madrid. Doctorose en Humanidades e Comunicación pola mesma Universidade cunha tese sobre o amor romántico en Occidente e a súa relación co capitalismo, o patriarcado e a democracia.

Tras finalizar o seu doutoramento e debido á situación de crise económica en España, estableceuse en Costa Rica tras unha estancia en París.Haikita – El blog de Coral Herrera Gómez. InOutRadio - La Radio Lésbica. 27 de xaneiro de 2017. Publicou artigos en distintos medios como Pikara Magazine, El País, eldiario.es ou El Cidadano e colaborado en programas como La Tuerka.Autor. Pikara Magazine.

O tema principal da súa obra é a crítica ao amor romántico desde unha perspectiva de xénero e queer.La feminista Coral Herrera lanzó su nuevo libro Bodas Diversas y Amores Queer. La Red 21. 14 de outubro de 2013. Defende que o romanticismo é produto do patriarcado e que xoga un papel fundamental na construción binaria e xerárquica da desigualdade de xénero.Amor romántico y desigualdad de género. Revista Feminista Casa de la Mujer. 2011. No seu traballo manifesta que existen diferentes maneiras de entender e experimentar o amor máis liberadoras e satisfactorias que as tradicionais."El amor es tan adictivo como las drogas". Público. 3 de outubro de 2010.“El amor no debería basarse en la necesidad, en el miedo a la soledad ni en la exclusividad”. Pikara Magazine. 7 de outubro de 2011.Coral Herrera Gómez: “Desde la cultura es fundamental que rompamos con tanto miedo a lo diferente, que visibilicemos otros mundos, otros modos de ser, otras formas de relacionarse”. Entretanto Magazine. 1 de setembro de 2012.Amor romántico vs igualdad de género: Una entrevista con Coral Herrera. Global Voices. 12 de decembro de 2013.

Obra Más allá de las etiquetas: hombres, mujeres y trans (2010). La construcción sociocultural del amor romántico (2011). Bodas Diversas y Amores Queer (2013). Bodas reales, bodas patriarcales: análisis queer de la boda de los príncipes de Asturias (2014).

Notas

Categoría:Nados en 1977 Categoría:Nados en Madrid Categoría:Feministas de Madrid Categoría:Activistas LGBT de España