miniatura|250x250px|Os ciclos económicos caracterízanse pola alternancia de períodos alcistas e de recesión. As políticas económicas anticíclicas propoñen medidas estatais para superar as recesións, durante as que o capital privado non se inviste por temor ás perdas. Entre as propostas atópase a creación de emprego e empresas públicas, a baixada de impostos ou a subida de salarios co fin de restaurar o equilibrio económico.
A política económica anticíclica ou contracíclica consiste no conxunto de accións gobernamentais dedicadas a impedir, superar, ou minimizar os efectos do ciclo económico.
Os ciclos económicos son flutuacións da actividade económica inherentes á economía e caracterizadas pola alternancia de períodos alcistas e de recesión. Os ciclos económicos son consecuencia da sobreacumulación ou sobreprodución, á cal seguen expectativas de diminución da taxa de ganancia (ou de que a taxa de ganancia sexa menor que a taxa de interese), o que provoca a redución de investimentos e a desaceleración do nivel de actividade. Diversos factores exóxenos, como as crises do petróleo ou as crises financeiras, poden contribuír a reverter o ciclo ou a acentuar os seus efectos.
As políticas anticíclicas xeralmente son defendidas polos keynesianos, que consideran que o ciclo económico non tende ao equilibrio xeral, como pensaban os neoclásicos. Segundo a escola keynesiana o déficit e o investimento público é o principal instrumento de política económica para amortecer os efectos do ciclo. Así, durante a recesión, o goberno debe intervir, reducindo tributos, promovendo a expansión do crédito e aumentando o gasto, realizando investimentos que sexan capaces de estimular a economía.
Desta forma, durante unha recesión, onde o capital privado non ten expectativas de ganancia que fomenten o seu investimento, é o déficit público o que debe expandirse para poder restablecer o equilibrio económico. Da mesma forma, o inverso debe ocorrer durante a fase crecente do ciclo, nos períodos de prosperidade o Estado debe aumentar a recadación, creando un superávit para pagar as súas débedas e formar un fondo de reserva que poida ser utilizado durante os períodos de recesión ou depresión económica.
Véxase tamén
New Deal Política monetaria John Maynard Keynes Joseph Schumpeter Joseph Stiglitz
Bibliografía
BLATMAN, Dario. Keynes zonaeconomica.com., 28/10/2006 CANUTO, Otaviano e FERREIRA JÚNIOR, Reynaldo R. Assimetrias de informação e ciclos econômicos: Stiglitz é keynesiano?Texto para Discussão. IE/UNICAMP, Campinas, n. 73, maio 1999 SCHUMPETER, Joseph Alois. Business Cycles: A Theoretical, Historical and Statistical Analysis of the Capitalist Process. Nova York e Londres: McGraw-Hill Book Co., Inc., 1939. 1st ed., 2 vols. SCHUMPETER, Joseph Alois. The Theory of Economic Development: An Inquiry into Profits, Capital, Credit, Interest, and the Business Cycle (translated by Redvers Opie, with a special preface by the author). Cambridge Mass: Harvard University Press, 1934. Second Printing 1936; third printing 1949. SICSÚ, João; PAULA, Luiz Fernando; e RENAUT, Michel, organizadores. Novo-desenvolvimentismo: um projeto nacional de crescimento com eqüidade social. Barueri:Manole; Río de Xaneiro:Fundação Konrad Adenauer, 2005. ISBN 85-98416-04-5 (Manole)
Categoría:Política económica