Perfecto López Romero, nado na Toxa (Vimianzo) o 12 de maio de 1904 e finado en Bos Aires (Arxentina) o 12 de setembro de 1970, foi un empresario galego.
Traxectoria Traballou como xornaleiro e carboeiro na súa terra natal, onde era coñecido como O Tato da Valiña. En 1923 emigrou a Arxentina, logo de embarcar en Ferrol no vapor Marsella. Desembarcou en Bos Aires o 14 de maio dese ano, e comezou a traballar como chofer. Despois foi empregado dun ferreiro e taxista. Regresou a Galicia, e volveu a Arxentina en 1933, logo de embarcar na Coruña no vapor Monte Sarmiento e chegar a América o 20 de xaneiro de 1933. Fíxose representante e vendedor de vehículos Ford, Chrysler e Dodge, e creou un grupo de empresas nos que contratou emigrantes da comarca da Terra de Soneira. miniatura|300px|Recepción a Francisco Fernández del Riego na súa visita a Buenos Aires en 1954. Implicouse politicamente e colaborou coas agrupacións antifranquistas. Viaxou a Galicia coa misión de contactar cos antifranquistas do interior. Colaborou tamén con asociacións da emigración. En 1950 foi elixido presidente da Asociación ABC de Corcubión. En 1956 foi vicepresidente no primeiro Congreso da Emigración Galega. Presidiu a editorial Citania.
En 1938 casou con Gloria Romero, tamén de Vimianzo, e tiveron tres fillos.
Véxase tamén
Bibliografía
Rei Lema, Xosé María (2018). Perfecto López. un vimiancés na Galiza ideal. Vigo: Galaxia. Ligazóns externas
Categoría:Nados en Vimianzo Categoría:Nados en 1904 Categoría:Finados en 1970 Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes