Olalla González Paz, nada en Marín en 1977, é unha escritora e editora galega.
Traxectoria Diplomouse en Maxisterio, coa especialidade de educación primaria e reside en Bueu. Profesionalmente traballa para a editorial Kalandraka, onde desenvolve tarefas de escritora e de animación á lectura.
Os seus libros están editados en sete idiomas.
Durante un tempo xestionou o espazo «O lobo coxo» na Banda do Río (Bueu).
Obras
Chibos Chibóns (2007). Pontevedra: Kalandraka. 40 páxs. ISBN 978-84-8464-617-4. Ilustracións de Federico Fernández. Garavanciño, con Marc Taeger (2008). 36 páxs. Pontevedra: Kalandraka. ISBN 978-84-8464-682-2. Tamén en castelán, catalán, portugués e italiano. Un máis, con Marc Taeger (2017). 40 páxs. ISBN 978-8484643234. Tamén en castelán, éuscaro, portugués, italiano, inglés.
Premios
Chibos Chibóns, Premio Nacional de lectura (SEP Méxido) en 2007 e Programa Nati per Leggere (Italia) en 2012 Un máis acadou (con Marc Taeger) foi Premio Frei Martin Sarmiento de Literatura Infantil.
Notas
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de literatura infantil de Galicia Categoría:Nados en Marín Categoría:Nados en 1977 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes