Talorc, fillo de Foith ou fillo de Uuid (morto en 653) foi un rei do pictos dende o 641 até o 653.
A crónica picta atribúelle un reinado de doce anos despois do do seu irmán Bridei II. Un terceiro irmán, Gartnait III, foi rei antes de Bridei.
A súa morte está rexistrada nos Anais do Ulster e nos Anais de Tigernach. Foi sucedido por Talorgan I, fillo de Eanfrith.
Véxase tamén Bibliografía Anderson, Alan Orr, Early Sources of Scottish History A.D 500–1286, volume 1. Paul Watkins, Stamford, 1990. ISBN 1-871615-03-8
Categoría:Finados en 653 Categoría:Reis dos pictos