Drest (tamén coñecido como Drest mac Domnal ou Drest mac Dúngail; finado en 677) foi un rei do pictos dende o 663 até o 672.

Sucedeu ó seu irmán Gartnait IV despois da morte deste no ano 662.Annals of Ulster U663.3 A crónica picta atribúelle un reinado de seis ou sete anos. Crese que foi o líder da derrotada revolta picta contra Ecgfrith de Northumbria no ano 671.Colgrave pp. 41-43; Fraser p. 201

Os Anais do Ulster e os Anaisde Tigernach sinalan que foi deposto como rei, presuntamente por Bridei.Annals of Ulster U672.6 Morreu no ano 677.Annals of Ulster U678.6

Notas

Véxase tamén Bibliografía Anderson, Alan Orr, Early Sources of Scottish History A.D 500–1286, volume 1. Paul Watkins, Stamford, 1990. ISBN 1-871615-03-8

Categoría:Finados en 677 Categoría:Reis dos pictos