Soiuz 28 foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 2 de marzo de 1978 mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Baikonur.

Características Soiuz 28, unha Soiuz modelo 7K-T cos cosmonautas Aleksei Gubarev e Vladimír Remek (da entón República Socialista Checa) a bordo, foi lanzada para acoplarse coa estación espacial Saliut 6, xa ocupada pola tripulación da Soiuz 26. Soiuz 28 foi a primeira misión Interkosmos, un programa cooperativo no que un dos cosmonautas era non soviético. Remek, checo, converteuse así no primeiro viaxeiro espacial nin soviético nin estadounidense. A tripulación, durante aproximadamente unha semana, levou a cabo diferenteis probas e experimentos relacionados coa bioloxía, o procesamento de materiais e o estudo da atmosfera superior da Terra.

A Soiuz 28 retornou o 10 de marzo de 1978, cos cosmonautas sendo recuperados ás 13:45 GMT.

Véxase tamén

Outros artigos Soiuz U Soiuz 25 Soiuz 26 Soiuz 27 Saliut 6

Notas

Categoría:Programa Soiuz