Soiuz 32 foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 25 de febreiro de 1979 mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Baikonur e que marcou un récord de permanencia no espazo cos seus 175 días de misión.
Características Soyuz 32, unha Soiuz modelo 7K-T cos cosmonautas Vladimir Liakhov e Valeri Riumin a bordo, foi lanzada para acoplarse coa estación espacial Saliut 6 nunha misión de longa duración. A tripulación adicouse a facer experimentos e reparacións na estación. Un dos tanques do sistema de propulsión principal da Saliut 6 comezou a sufrir fugas de propelente (UDMH) que a tripulación solucionou baleirandoo e pasando o propelente a tanques intactos despois de facer xirar a estación sobre si mesma nunha complicada manobra para separar o propelente do nitróxeno usado como presurizante e que debido á fuga se atopaban mesturados. O tanque danado foi selado e illado do resto do sistema de propulsión.
A Saliut 6 debía recibir a unha tripulación visitante do programa Interkosmos o 11 de abril viaxando na Soiuz 33, pero un problema no motor principal desta nave impediu que a nave chegara á estación e que a tripulación tivera que volver urxentemente a terra. O problema co motor xerou dúbidas sobre se o motor da Soiuz 32 sufriría da mesma casuística, o que comprometería a misión de Lyakhov e Ryumin, sobre tendo en conta que a súa Soiuz se atopaba cerca do fin dos 90 días que unha nave Soiuz podía permanecer con seguridade no espazo. O control de terra decidiu enviar a Soiuz 34, non tripulada e con melloras e probas adicionais do motor, para substituír a Soiuz 32. Mentres, o cargueiro Progress 6 chegou á estación o 15 de maio con subministracións e propelente para deixala o 8 de xuño e deixar o porto libre para a Soiuz 34. A Progress 7 chegou o 30 de xuño co radiotelescopio KRT-10 a bordo, desmontado en pezas, e que os cosmonautas ensamblaron ao longo de dúas semanas. A antena do radiotelescopio estaba formada por varios pétalos que debían despregarse ao final da montaxe. No momento do despregue a antena descolocouse, perforando o illante do exterior da estación, quedando atascada no porto e sendo incapaz de desacoplarse da estación, bloqueando o porto desde o que se estaba despregando e interferindo no funcionamento dos motores da estación. Decidiuse intentar desatascala a man mediante un paseo espacial de ambos cosmonautas. Con dificultade conseguiron desatascala e separala da estación, pero os danos á estación xa estaban feitos.
Ryumin e Lyakhov volveron á Terra o 19 de agosto de 1979 ás 12:30 GMT na nave Soiuz 34 e despois de bater o récord de permanencia no espazo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Soiuz U Soiuz 25 Soiuz 26 Soiuz 27 Soiuz 28 Soiuz 29 Soiuz 30 Soiuz 31 Soiuz 34 Saliut 6
Categoría:Programa Soiuz