O aeroporto de Budapest-Ferenc Liszt (IATA: BUD, ICAO: LHBP), é o aeroporto internacional que serve a Budapest, a capital de Hungría, sendo o maior dos catro aeroportos comerciais do país. Está situado a 16 quilómetros ao sueste do centro da cidade e foi rebautizado no ano 2011 na honra do famoso compositor húngaro Franz Liszt polo 200 aniversario do seu nacemento. O aeroporto gañou o premio Skytrax Best Eastern European airport tres veces seguidas entre 2014 e 2016.

Ofrece conexións internacionais principalmente dentro de Europa, pero tamén a África, Oriente Medio, Norteamérica e Extremo Oriente.

Dende xuño de 2015 reestablecéronse os voos transatlánticos con dúas aeroliñas voando a Toronto e Montreal. En 2017 LOT Polish Airlines anunciou voos directos a Nova York e Chicago, seguidos dunha nova ruta a Filadelfia por American Airlines.

NO ano 2016 polas súas instalacións pasaron 11,4 millóns de pasaxeiros. En 2012 experimentou unha significativa caída en movementos de avións e carga, principalmente debido ao colapso de Malév Hungarian Airlines a comezos de ano, perdendo polo tanto gran cantidade dos pasaxeiros de conexión. Foi o centro de conexións de Malév ata a súa bancarrota o 3 de febreiro de 2012. O aeroporto serve como centro de conexións para Wizz Air e como base para Ryanair.

Aeroliñas e destinos Pasaxeiros

Carga

Véxase tamén Ligazóns externas Web do aeroporto

Notas

Budapest