Soiuz 6 foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 11 de outubro de 1969 mediante un foguete Soiuz 11A511 desde o cosmódromo de Baikonur.

Características Soyuz 6, unha Soiuz modelo 7K-OK modificada cos cosmonautas Georgi Shonin e Valeri Kubasov a bordo, foi unha nave lanzada para voar en formación coas Soiuz 7 e Soiuz 8 no que sería o primeiro voo simultáneo de tres naves espaciais. Ademais, no módulo orbital levaba un forno para facer experimentos de soldadura no baleiro e microgravedade.

As naves foron lanzadas secuencialmente e atopáronse no espazo, pero un problema na electrónica de todas elas debido a unha remesa de pezas defectuosas impediu o acoplamento entre as Soiuz 7 e 8, que ía ser gravado pola Soiuz 6. O forno a bordo da Soiuz 6 funcionou sen problemas e os experimentos de soldadura foron un éxito. A cápsula tripulada volveu a terra o 16 de outubro de 1969 ás 9:52 GMT.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Soiuz 11A511 Soiuz 7 Soiuz 8

Categoría:Programa Soiuz