A lingua seneca (en seneca, onödowá'ga ou onötowá'ka:) é unha lingua iroquesa falada polo pobo seneca, un dos seis pobos da Liga Iroquesa. No ano 2013, estaba en marcha un programa activo de revitalización da lingua. O seneca está clasificado como en perigo severo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.
Revitalización lingüística En 1998, fundouse a Seneca Faithkeepers School como escola para ensinar ós nenos a lingua e as tradicións seneca durante cinco días á semana. En 2010, a profesora de seneca de K-5 Anne Tahamont recibiu o recoñecemento polo seu traballo cos estudantes na Escola de Silver Creek e na documentación lingüística, presentando Documenting the Seneca Language' using a Recursive Bilingual Education Framework na Conferencia Internacional de Documentación e Conservación de Linguas (ICLDC).
En 2013, celebrouse o primeiro acontecemento deportivo público en seneca cando os estudantes da escola de secundaria foron os encargados de anunciar un partido de lacrosse.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Chafe, Wallace L. 1963. Handbook of the Seneca Language. New York State Museum and Science Service. (Bulletin No. 388). Albany, N.Y. Reprinted 2007, Toronto: Global Language Press, . Chafe, Wallace L. 1997, "Sketch of Seneca, an Iroquoian Language", in Handbook of North American Indians, Volume 17: Languages, pp. 551–579, Goddard, Ives and Sturtevant, William C. (Editors), Smithsonian Institution, .
Categoría:Pobo seneca Categoría:Linguas iroquesas Categoría:Linguas dos Estados Unidos de América Categoría:Linguas amerindias do Canadá Categoría:Revitalización de linguas nativas americanas