O Gran Premio de Singapur de 2017, oficialmente 2017 Formula 1 Singapore Airlines Singapore Grand Prix, foi unha carreira de Fórmula Un, que se celebrou o 17 de setembro de 2017 no Circuíto urbano de Marina Bay de Singapur. Foi a décimo cuarta carreira da tempada de Fórmula Un de .
Informe
Práctica O piloto de Red Bull Daniel Ricciardo foi o máis rápido na primeira práctica cun tempo de 1:42.489. Foi seguido polo Ferrari de Sebastian Vettel e o seu compañeiro de equipo Max Verstappen mentres que o líder do campionato Lewis Hamilton era só o cuarto máis rápido. Ricciardo tamén foi máis rápido na segunda práctica, seguido por Verstappen e Hamilton.
Clasificación Max Verstappen foi o máis rápido na Q1 e na Q2. Red Bull parecía ter vantaxe sobre Mercedes e Ferrari. Con todo, Sebastian Vettel de Ferrari logoru a pole position na sesión final cun tempo de 1.39.491, por diante de Verstappen e o seu compañeiro Ricciardo. Hamilton só puido quedar quinto na grella co seu compañeiro de equipo Bottas sexto.
Carreira As precipitacións antes do inicio da carreira fixo que a carreira fora o primeiro Gran Premio nocturno organizado en condicións de chuvia na historia da Fórmula Un. A pesar diso, a carreira comezou baixo condicións normais de carreira sen o coche de seguridade segundo as regras de 2017. No inicio, Räikkönen tivo un excelente comezo en comparación co seu compañeiro de equipo Vettel e o Red Bull de Verstappen. Vettel e Räikkönen tiñan Verstappen no medio deles. Os pneumáticos de Verstappens tocaron con Räikkönen e deixaron a Räikkönen fóra de control, que bateu co lado esquerdo do coche de Vettel, o seu compañeiro de equipo, causando un dano significativo para ambos, e despois golpeou novamente o coche de Verstappen na primeira curva. Isto causou a retirada inmediata de Räikkönen e Verstappen. Vettel puido continuar inicialmente a pesar do notable dano, seguido por Hamilton, que tivo un bo comezo con Ricciardo detrás. Con todo, Vettel logo trompeou debido aos danos e posteriormente retirouse. Esta foi a primeira ocasión na historia da Fórmula 1 en que ambos Ferraris resultaron eliminados na primeira volta. Alonso tamén sufriu danos como consecuencia do incidente na 1ª volta e eventualmente retirouse na 9ª volta. As colisións na primeira volta provocaron a saída do coche de seguridade que mantívose na pista ata a 4ª volta. No reinicio Lewis Hamilton continuou liderando, seguido de Daniel Ricciardo na segunda posición e Nico Hülkenberg na terceira. Hamilton puido alonxarse e establecer unha cómoda ventaxe sobre Ricciardo.
Houbo dous novos períodos de coche de seguridade durante o transcurso da carreira. Un na volta 11, despois de que Daniil Kvyat estrelárase na 7º volta e outro na volta 38 logo de que Marcus Ericsson trompease. Bottas logrou chegar ata o terceiro posto e Carlos Sainz ao cuarto posto logo primeiro período do coche de seguridade, xa que os pneumáticos Bottas e Sainz xa estaban en pleno apoxeo. Hamilton volveu a saír ben nos dous reinicios. Kevin Magnussen e Nico Hülkenberg, desde a 4ª posición tras pasar a Sainz no segundo período de coche de seguridade, ambos retiráronse máis tarde na carreira con problemas mecánicos. Hamilton gañou a carreira diante de Ricciardo e Valtteri Bottas, mentres que Sainz conseguiu o seu mellor posto nas carreiras no cuarto lugar. Jolyon Palmer chegou a meta no sexto lugar para lograr os seus primeiros puntos na tempada, o mesmo fin de semana anunciouse que sería substituído por Sainz ao final da tempada. Os pilotoss non completaron a distancia de carreira programada de 61 voltas debido ao límite de 2 horas que se alcanzou, polo que a bandeira a cadros verificouse na volta 58.
Clasificación Cualificación Pos.NºPilotoConstrutor Tempos de cualificaciónGrella finalQ1Q2Q3 1 5 Sebastian Vettel Ferrari 1'43"336 1'40"529 1'39"491 1 2 33 Max Verstappen Red Bull Racing-TAG Heuer 1'42"010 1'40"332 1'39"814 2 3 3 Daniel Ricciardo Red Bull Racing-TAG Heuer 1'42"063 1'40"385 1'39"840 3 4 7 Kimi Räikkönen Ferrari 1'43"328 1'40"525 1'40"069 4 5 44 Lewis Hamilton Mercedes 1'42"455 1'40"577 1'40"126 5 6 77 Valtteri Bottas Mercedes 1'43"137 1'41"409 1'40"810 6 7 27 Nico Hülkenberg Renault 1'42"586 1'41"277 1'41"013 7 8 14 Fernando Alonso McLaren-Honda 1'42"086 1'41"442 1'41"179 8 9 2 Stoffel Vandoorne McLaren-Honda 1'42"222 1'41"227 1'41"398 9 10 55 Carlos Sainz Toro Rosso 1'42"176 1'41"826 1'42"056 10 11 30 Jolyon Palmer Renault 1'42"472 1'42"107 11 12 11 Sergio Pérez Force India-Mercedes 1'43"594 1'42"246 12 13 26 Daniil Kvyat Toro Rosso 1'42"544 1'42"338 13 14 31 Esteban Ocon Force India-Mercedes 1'43"626 1'42"760 14 15 8 Romain Grosjean Haas-Ferrari 1'43"627 1'43"883 15 16 20 Kevin Magnussen Haas-Ferrari 1'43"756 16 17 19 Felipe Massa Williams-Mercedes 1'44"014 17 18 18 Lance Stroll Williams-Mercedes 1'44"728 18 19 94 Pascal Wehrlein Sauber-Ferrari 1'45"059 19 20 9 Marcus Ericsson Sauber-Ferrari 1'45"570 20Marcus Ericsson recibiu unha penalización na grella de 5 posicións por un cambio non programado da caixa de cambios.Tempo límite 107%: 1:49.150Fonte: En letra grosa os mellores tempos na Q1, Q2 e Q3. miniatura|left|upright=3.2|alt=Schéma de la grille de qualification et de départ du Grand Prix de Singapour 2017.|A grella de cualificación e saída do Gran Premio de Singapur de 2017.
Carreira Pos.NºPilotoConstrutorVoltasTempo/RetiradaGrellaPuntos1 44 Lewis HamiltonMercedes58 2:03:23.5445252 3 Daniel Ricciardo58 +4.5073 183 77 Valtteri BottasMercedes58 +8.8006154 55 Carlos SainzToro Rosso58 +22.82210 125 11 Sergio PérezForce India-Mercedes58 +25.35912 106 30 Jolyon PalmerRenault 58 +27.25911 87 2McLaren-Honda58 +30.3889 68 18 Lance StrollWilliams-Mercedes58 +41.69618 49 8 Romain GrosjeanHaas-Ferrari58 +43.28215 210 31 Esteban Ocon58 +44.79514 111 19 Felipe MassaWilliams-Mercedes58 +46.5361712 94 Pascal WehrleinSauber-Ferrari56 +2 voltas19Ret 20 Kevin MagnussenHaas-Ferrari50 Motor16Ret 27 Nico HülkenbergRenault48 Motor7Ret 9 Marcus EricssonSauber-Ferrari35 Accidente20Ret 26 Daniil KvyatToro Rosso10 Accidente13Ret 14 Fernando AlonsoMcLaren-Honda8 Danos por colisión8Ret 5 Sebastian VettelFerrari0 Accidente1 Ret 33 Max Verstappen0 Accidente2Ret 7 Kimi RäikkönenFerrari0 Accidente 4 Fonte:
Posicións logo da carreira Texto en negra indica quen aínda tiña unha oportunidade teórica de converterse en Campión do Mundo.
Clasificación no campionato de pilotos Pos.PilotoPuntos10px1 Lewis Hamilton26310px2 Sebastian Vettel23510px3 Valtteri Bottas21210px4 Daniel Ricciardo16210px5 Kimi Räikkönen138
Clasificación do campionato de construtores Pos.ConstrutorPuntos10px1 Mercedes47510px2 Ferrari37310px3 23010px4 Force India-Mercedes12410px5 Williams-Mercedes59
Notas
Véxase tamén
Categoría:Grandes Premios de Fórmula 1 de 2017 Categoría:Gran Premio de Singapur de Fórmula 1