O protoplasma é o contido vivo dunha célula que está rodeado por unha membrana plasmática.

Nalgunhas definicións é un termo xeral que significa citoplasma (por exemplo, Mohl, 1846), pero para outros autores tamén inclúe o nucleoplasma (por exemplo, Strasburger, 1882). Para Sharp (1921), "Segundo o vello uso a porción extranuclear do protoplasto [a célula enteira, excluíndo a parede celular] denominábase "protoplasma", pero o núcleo tamén está composto de protoplasma, ou substancia viva no seu senso amplo. O consenso actual é evitar esta ambigüidade empregando os termos usados por Strasburger en (1882) citoplasma [acuñado por Kölliker (1863), orixinalmente como sinónimo de protoplasma] e nucleoplasma ([acuñado por van Beneden (1875), ou] carioplasma, [usado por] Flemming [(1878)])".Sharp, L. W. (1921). Introduction To Cytology. New York: McGraw Hill, p. 25.Strasburger, E. (1882). Ueber den Theilungsvorgang der Zellkerne und das Verhältnis der Kernteilung zur Zellteilung. Arch Mikr Anat, 21: 476-590, BHL.Beneden, E. van (1875). La maturation de l'oeuf, la fécondation et les premières de développement embryonnaire des Mammiferes d'après les recherches faites chez le lapin. Bull. Acad. Bel. Cl. Sci. 40, 2 sèr.: 686-736, BHL.Flemming, W. (1878). Beiträge zur Kenntniss der Zelle und ihrer Lebenserscheinungen. Arch. f. mikr. Anat., 16: 302-436, p. 360, BHL.Battaglia, E. (2009). Caryoneme alternative to chromosome and a new caryological nomenclature. Caryologia, 62(4), 1. A definición de citoplasma de Strasburger excluía os plastidios, os cales formaban o cromatoplasma.

En canto á inclusión ou non dos vacúolos no concepto de protoplasma hai tamén controversia.Parker, J. 1972. Protoplasmic resistance to water deficits, p. 125-176. In: Kozlowski, T. T. (ed.), Water deficits and plant growth. Vol. III. Plant responses and control of water balance. Academic Press, New York, p. 144, .

O protoplasma está composto por unha mestura de pequenas moléculas, como ións, aminoácidos, monosacáridos e auga (que serve de disolvente), e macromoléculas, como ácidos nucleicos (ARN), proteínas, lípidos e polisacáridos. Nos eucariotas o protoplasma que rodea o núcleo celular denomínase citoplasma e dentro do núcleo está o nucleoplasma. Nos procariotas o material dentro da membrana plasmática é o citoplasma bacteriano, mentres que nas bacterias gramnegativas a rexión que queda fóra da membrana plasmática pero dentro da membrana externa da súa envoltura é o chamado periplasma.

Historia A palabra "protoplasma" procede do grego protos, 'primeiro', e plasma, con forma de cousa, e era usada orixinalmente en contextos relixiosos.Wayne, R. 2009. Plant Cell Biology: From Astronomy to Zoology. Amsterdam: Elsevier/Academic Press, p. 133. Utilizouna en 1839 J. E. Purkinje para designar o material do embrión animal.Purkinje J.E. 1840. Über die Analogien in den Strukturelementen des thierischen und pflanzichen Organismus. In: Übersicht der Arbeiten und Veränderungen der schlesischen Gesellschaft für vaterländische Kultur, Jahre 1839: 81.Bynum, W. F., Browne, E. J. & Porter, R. (1981). Dictionary of the history of science. Princeton University Press. Posteriormente, en 1846 Hugo von Mohl redefiniu o termo (tamén chamado Primordialschlauch, "utrículo primordial") para referirse á substancia "semifluída, granular, babosa e basta" do interior da célula vexetal, para distinguila da parede celular e do zume celular (Zellsaft) do interior do vacúolo.von Mohl, H. 1846. Ueber die Saftbewegung im Inneren der Zellen. Bot. Ztg. 4: 73-78, 89-94.Larson, P. R. (1994). The Vascular Cambium: Development and Structure. Springer-Verlag: New York and Berlin, p. 30-31, .Evert, R. F. 2006. Esau's Plant Anatomy: Meristems, Cells, and Tissues of the Plant Body: Their Structure, Function, and Development. 3rd.ed. John Wiley & Sons, Inc: Hoboken, New.Jersey, p. 16, . Thomas Huxley (1869) referiuse posterioremnte a el como a "base física da vida" e considerou que a propiedade da vida era o resultado da distribución de moléculas no seo desa substancia.Huxley, T. H. 1869. The Physical Basis of Life. New Haven, Conn., The College Courant. O protoplasma converteuse en algo "epistémico".Brain, R.M. "Protoplasmania: Huxley, Haeckel, and the Vibratory Organism in Fin de Siècle Visual Cultures", en The Art of Evolution: Darwin, Darwinisms, and Visual Cultures, F. Brauer and Larson, B. University Presses of New England, 2009, pp. 92-123, . A composición, non obstante, era un misterio e houbo moita polémica sobre de que tipo de substancia estaba formado.

En 1872, Beale creou o termo vitalista "bioplasma" para contrastalo co materialismo de Huxley.Beale, L. S. (1872). Bioplasm. London: J. & A. Churchill.Bynum et al. (1981), p. 344. En 1880, Hanstein propuxo o termo protoplasto para designar a célula completa excepto a parede celular,Hanstein, J. 1880. Das Protoplasma. Heidelberg.Sharp (1921), p. 24. e algúns autores como Julius von Sachs (1882) preferían este nome en vez de "célula".Wayne (2009), p. 15.

En 1965, Hardy introduciu o termo "citosol", posteriormente redefinido como o líquido do interior da célula.Lardy, H. A. 1965. On the direction of pyridine nucleotide oxidation-reduction reactions in gluconeogenesis and lipogenesis. In: Control of energy metabolism, edited by B. Chance, R. Estabrook, and J. R. Williamson. New York: Academic, 1965, p. 245, .

Outros termos relacionados son:Sharp (1921), p. 11, 32-34. Urschleim (Oken, 1802, 1809),Grundriss der Naturphilosophie.Lehrbuch der Naturphilosophie. sarcode (Dujardin, 1835, 1841),Dujardin, F. 1835. Recherches sur les organisms inférieurs. Annales des Sciences Naturelles 4: 343–377, .Dujardin, F. (1841). Histoire Naturelle des Zoophytes Infusoires. Paris: Librarie Encyclopedique de Roret. p. 26. Grundsubstanz (substancia fundamental, Cienkowski, 1863),Cienkowski, L. 1863. Zur Entwicklungsgeschichte der Myxomyceten. Jahrb. Wiss. Bot. 3: 325-337, . enquilema/hialoplasma (Hanstein, 1880), paramitoma (Flemming, 1882),Flemming, W. (1882). Zellsubstanz, Kern, und Zelltheilung. Vogel, Leipzig, . substancia interfilar (Velten, 1876)Velten, W. 1876. Die physikalische Beschaffenhoit des pflanzlichon Protoplasmas. Sitzber. Akad. Wiss. Wien, Math.-Nat. Kl., 73: I 131-151, . e substancia interalveolar (Bütschli, 1892).Bütschli, O. 1892. Untersuchungen über mikroskopische Schäume und das Protoplasma. Leipzig, .

Na época en que escribiu Huxley desenvolvíase un longo debate sobre a unidade fundamental da vida: era a célula ou o protoplasma? A finais da década de 1860, o debate quedou resolto a favor de protoplasma. A célula era o contedor do protoplasma, o cal era a substancia fundamental e universal da vida. A contribución principal de Huxley foi establecer o protoplasma como incompatible coa teoría vitalista da vida. Os intentos de investigar a orixe da vida por medio da creación dun "protoplasma" sintético no laboratorio non tiveron éxito.

A idea de que o protoplasma dos eucariotas é simplemente divisible en substancia fundamental chamada "citoplasma" e un corpo estrutural chamado núcleo celular reflicte o coñecemento máis primitivo da estrutura da célula que precedeu ao desenvolvemento do microscopio electrónico, cando parecía que o citoplasma era un fluído homoxéneo e descoñecíase a existencia da maioría dos compartimentos subcelulares ou como as células mantiñan a súa forma. Hoxe sábese que o contido da célula é moi complexo estruturalmente e contén moitos orgánulos.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Evolución molecular Membrana Simplasto Protoplasto

Ligazóns externas Encyclopaedia Britannica, 11ª edición (1911) Protoplasm

Categoría:Bioloxía celular