William Wilkie Collins, nado en Londres o 8 de xaneiro de 1824 e finado na mesma cidade o 23 de setembro de 1889, foi un novelista, dramaturgo e autor de relatos curtos inglés.

Traxectoria Collins era fillo do pintor William Collins. Tivo unha enorme sona no seu tempo, que en parte mantén hoxe no xénero noirCIS: 10 LITERARY CLASSICS THAT ARE ALSO CRIME STORIES, artigo en Crimefictionlover.com .. Escribiu 27 novelas, máis de 60 relatos curtos, máis dunha ducia de peza teatrais e 100 obras de non ficción. É considerado un dos pioneiros da novela policialWilkie Collins: Father of the Detective Novel . en lingua inglesa. A súa narrativa está caracterizada pola atmosfera de misterio e fantasía, o suspense melodramático e a minuciosidade. As súas obras máis coñecidas son The Woman in White (1860) e The Moonstone (1868). WILKIE COLLINS AND DETECTIVE FICTION .

Foi íntimo amigo e colaborador de Charles DickensWilkie Collins and Charles Dickens en Victorianweb.org .. Obras

Traducións ao galego "Unha cama terriblemente estraña", dentro da compilación O relato policial: de Poe a Conan Doyle, tradución de Carme Millán Varela e María González (Ir Indo, 1997)Ficha en BiTraGa.. A dama de Glenwith Grange (Editorial Hugin e Munin, 2020).

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas The Wilkie Collins Website . Páxina dedicada á vida e obra de Wilkie Collins, xestionada por Andrew Gasson . Wilkie Collins Collection at the Harry Ransom Center at the University of Texas at Austin .

Categoría:Nados en Londres Categoría:Nados en 1824 Categoría:Finados en 1889 Categoría:Escritores de novela negra Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Escritores de Inglaterra Categoría:Novelistas do Reino Unido