Carballedo é un lugar da parroquia de Santa María de Carballedo, no concello lugués de Carballedo na comarca de Chantada. Segundo o INE en 2016 tiña 19 habitantes (8 mulleres e 11 homes).

Deste lugar colle o nome o concello de Carballedo, a capital estivo en Castro e agora está na Barrela.

Toponimia O topónimo fai referencia a un lugar con moitos carballos, que é unha palabra anterior ao latín.

Patrimonio

A igrexa parroquial, situada neste lugar, data do século XVIII

Na igrexa hai unha imaxe de San Wintila e celébrase a festa o domingo seguinte ao de Pascua. Hai anos era unha romaría moi soada na contorna.

Notas

Lugares e parroquias Lugares de Carballedo

Parroquias de Carballedo

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Carballedo

Categoría:Lugares de Carballedo Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía