Illa Maly Lyakhovsky () ou 'Pequena Lyakhovsky' é a segunda máis grande das illas de Lyakhovsky que pertence ao arquipélago de nova Siberia no mar de Laptev no norte de Rusia. Ten unha superficie de 976 km².
As illas Lyakhovsky son chamadas así na honra de Ivan Lyakhov, que as explorou en 1773.
Xeoloxía A Pequena Liajovski está formada por turbiditas do Xurásico superior ao Cretáceo inferior, tamén coñecido como "flysch", cubertos por unha delgada lámina de sedimentos do Plioceno ao Plistoceno. Estas rochas mesozoicas son arenitas, argilitas, e guijarros deformados en sorprendentes plegamentos en dirección leste-nordés de ao redor de 7 a 20 km de largo. As rochas mesozoicas están cubertas por unha capa relativamente fina de sedimentos areosos e arxilosos do Plioceno ao Plistoceno de orixe coluvial e aluvial. Preto da costa, os sedimentos aluviais van graduándose ata converterse en sedimentos mariños da costa próxima que conteñen moluscos mariños fósiles e leña lignitizada. Un groso permafrost caracterizado por anacos grandes de xeo macizo desenvolveu nestes sedimentos.Fujita, K., y D.B. Cook, 1990, The Arctic continental margin of eastern Siberia, en A. Grantz, L. Johnson, y J. F. Sweeney, eds., pp. 289-304, The Arctic Ocean Region. Geology of North America, vol L, Geological Society of America, Boulder, Colorado.Kos’ko, M.K., y G.V. Trufanov, 2002, Middle Cretaceous to Eopleistocene Sequences on the New Siberian Islands: an approach to interpret offshore seismic. Marine and Petroleum Geology. vol. 19, no. 7, pp. 901–919.Kos’ko, M.K., B.G. Lopatin, y V.G. Ganelin, 1990, Major geological features of the islands of the East Siberian and Chukchi Seas and the Northern Coast of Chukotka. Marine Geology. vol. 93, pp. 349–367.
Vexetación A criptógama tundra cuberta de herba cobre a illa Pequena Liajovski. É tundra que está formada sobre todo por herbas de crecemento moi lento, musgos, líquenes e hepáticas. Estas plantas cobren no seu maior parte ou completamente a superficie do terreo. Os chans son típicamente húmidos, de gran fino, e a miúdo con montecillos.CAVM Team, 2003, Circumpolar Arctic Vegetation Map. Scale 1:7,500,000. Conservation of Arctic Flora and Fauna (CAFF) Map No. 1. U.S. Fish and Wildlife Service, Anchorage, Alaska.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Bolshoy Lyakhovsky
Ligazóns externas Andreev, A.A., e D.M. Peteet, 1999, Climate and Diet of Mammoths in the East Siberian Arctic . Science Briefs (agosto 1999). Goddard Institute for Space Studies, Nova York, Nova York. Consultado o 12 de xullo de 2008. Anisimov, M.A., e V.E. Tumskoy, 2002, Environmental History of the Novosibirskie Islands for the last 12 ka. 32nd International Arctic Workshop, Program and Abstracts 2002. Institute of Arctic and Alpine Research, University of Colorado at Boulder, pp 23–25. anonymous, nd, aerial photographs of these islands. Kuznetsova, T.V., L.D. Sulerzhitsky, Ch. Siegert, 2001, New data on the "Mammoth" fauna of the Laptev Shelf Land (East Siberian Arctic), 144 KB PDF file, The World of Elephants - International Congress, Rome 2001. Consiglio Nazionale delle Ricerche, Centro di Studio per il Quaternario e l'Evoluzione Ambientale, Università di Roma, Roma, Italy. Schirrmeister, L., H.-W. Hubberten, V. Rachold, e V.G. Grosse, 2005, Lost world - Late Quaternary environment of periglacial Arctic shelves and coastal lowlands in NE-Siberia. 2nd International Alfred Wegener Symposium Bremerhaven, 30 de outubro - 2 de novembro de 2005.
Categoría:Illas de Rusia Categoría:Siberia Categoría:Illas do Océano Ártico