Os Museos Capitolinos (en italiano: Musei Capitolini) é un museo que contén un grupo de museos de arte e arqueoloxía situado na Piazza del Campidoglio, sobre o outeiro Capitolino de Roma, Italia. Os edificios históricos dos museos son o Palazzo dei Conservatori e o Palazzo Nuovo, un fronte ó outro na praza trapecial nun plan concibido por Michelangelo en 1536 e executado nun período de máis de 400 anos. A historia dos museos remóntase a 1471, cando o papa Sisto IV doou unha colección de importantes bronces antigos ó pobo de Roma e os situou no monte Capitolino. Dende entón, a colección dos museos medrou até incluír un gran número de estatuas romanas, inscricións e outros utensilios; unha colección de arte medieval e do Renacemento; e coleccións de xemas, moedas e outros obxectos. Os museos son propiedade do concello de Roma.

A estatua ecuestre do centro da praza é do emperador Marco Aurelio. É unha copia, xa que a orixinal se atopa no interior do museo.

Abertos ó público en 1734 baixo o goberno do papa Clemente XII, os museos Capitolinos están considerados o primeiro museo do mundo, entendidos como un lugar onde a arte pode ser desfrutada por todos e non só polos seus donos.AA. VV. Roma e dintorni, edito dal T.C.I. nel 1977, pag. 83. . Sandra Pinto, in Roma, edito dal gruppo editoriale L'Espresso su licenza del T.C.I. nel 2004, pag. 443. . AA. VV. La nuova enciclopedia dell'arte Garzanti, Garzanti editore, 2000, , alla voce "museo".

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Museos Capitolinos

Categoría:Museos de Italia Categoría:Arquitectura en Roma