Os sicilianos (en siciliano: siciliani) son o pobo nativo de Sicilia, unha illa mediterránea de Italia,Minahan, James. Encyclopedia of Stateless Nations: Ethnic and National Groups around the World, 2nd Edition: Ethnic and National Groups around the World, pp.383 a meirande do mar Mediterráneo, así como a meirande e máis poboada rexión autónoma de Italia.
Diáspora En 2008, o número de sicilianos no estranxeiro superou o millón de persoas. Os países cunha maior poboación de sicilianos son os Estados Unidos, Alemaña, Bélxica, Suíza, a Arxentina, o Uruguai, o Brasil, Francia e o Canadá. A poboación da diáspora sen incluír a dos Estados Unidos é de 629.114 individuos.
Nos Estados Unidos, os sicilianos americanos son un gran subconxunto de estadounidenses cuxos antepasados proviñan de Sicilia. Este grupo é quizais a maior parte da diáspora siciliana.
Toda a poboación autóctona de Malta é de orixe siciliana, mais os malteses xeralmente non se considera sicilianos por mor de séculos de separación cultural e xeográfica, e ao feito de que a a súa lingua nativa evolucionou a partir do árabe siciliano no canto do italodálmata, como o moderno siciliano.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Sicilia Grupos étnicos de Europa Bibliografía Valenza, Giuseppe. ELAMITI ELIMIOTI ELIMI Il teatro genealogico degli Elimi nel crocevia del Mediterraneo. Prefazione Vaccarella, Ilaria.2022. ISBN 978-88-908854-2-6
Categoría:Sicilia Categoría:Grupos étnicos de Italia