A Illa Angel de la Guardia, é unha grande illa no Golfo de California (Mar de Cortés) ao leste de Baía de Los Ángeles no noroeste de México, separada da Península de Baixa California pola Canle de Ballenas. É a segunda máis grande das once Illas Midriff ou Illas Grandes. forma parte do estado de Baixa California, localizado ao noroeste da Illa Tiburón. A illa está deshabitada, e é unha reserva biolóxica chamada Parque Nacional Isla Angel de la Guarda. A illa é parte do concello de Mexicali.

O nome da súa parte norte en seri é Xazl Iimt fogar dos pumas, e o da súa parte sur Tjamojíil Yacáai onde segue a chopa.

Xeografía Ten unha superficie de 931 km², cunha cadea de montañas que percorre toda a súa lonxitude de 69 km, e que alcanza unha altitude máxima de 1.313 m sobre o nivel do mar. O seu largo máximo é de 21 km. A illa é extremadamente seca, sen fontes de auga doce, salvo as producidas polas escasas choivas. Malia isto, a illa conta cunha diversa variedade de flora e fauna nativas, entre as cales atópanse numerosas especies endémicas. Está deshabitada, pero hai unha base baleeira na parte norte da illa, Puerto Refugio.

miniatura|left | 320px | Seccións medias e meridionais da Illa Angel de la Guarda. Gran parte da illa é inaccesible debido ás montañas en ou preto da beira, especialmente na costa oeste. Hai algunhas áreas planas na costa nas saídas dos abanos creados polos sedimentos. Estes abanos aluviais atópanse sobre todo na costa leste, pero un grande atópase na costa oeste, onde a illa estréitase no medio. Gran parte da xeoloxía da illa está formada por depósitos de area volcánica e aluvial.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Concello de Mexicali

Ligazóns externas Dicionario Seri-Español-Inglés México Desconocido

Categoría:Illas de México Categoría:Illas do Pacífico