José Miguel Gato Luaces, nado en OrtigueiraOutras fontes ( ou ) sitúan o seu nacemento en Moeche. en 1946 e finado en Madrid o 19 de novembro de 2010Fallece en Madrid el director gallego Miguel Gato foi un xornalista e cineasta galego.
Traxectoria Estudou na Escola Oficial de Cinematografía ata o peche do centro e formou parte do movemento do cinema galego xurdido na década de 1970. Tras varios traballos en filmes doutros directores realizou e coescribiu con Francisco Taxes a curtametraxe A tola (1974), que foi proxectada nas Xornadas de Cine de Ourense antes de ser censurada e secuestrada. O filme non se conserva.
Traballou ademais como xornalista cinematográfico en diversas revistas e suplementos culturais e como guionista en Televisión Española, Telemadrid e ETB.
Filmografía A tola (1974) O herdeiro (1976) Eguas preñadas polo vento (1977) Os cigarróns (Viejas costumbres gallegas) (1977) Pesquisas. O caso das galiñas aforcadas (1991)
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas José Miguel Gato Luaces, pionero del cine gallego en Galicia Dixital Ficha na AVG
Categoría:Directores de cinema de Galicia Categoría:Nados en Ortigueira Categoría:Nados en 1948 Categoría:Finados en 2010 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes