Pedrola é un municipio de España, na comarca da Ribera Alta del Ebro, provincia de Zaragoza, Comunidade Autónoma de Aragón. Forma parte do partido xudicial de Zaragoza.
Xeografía Próxima ao río Ebro pola súa marxe dereita e á confluencia do Jalón pola esquerda, Pedrola está localizada na chamada Depresión do Vale do Ebro. A súa altitude é de 2 962 msnm.
O concello ocupa unha superficie de 113,53 km² e, no ano 2016, tiña unha poboación de 3 450 habitantes (pedroleros/as), o que facía unha densidade de 30,39 hab./km².
Dista 36 km de Zaragoza.
Demografía Evolución demográfica1991 1996 2001 2004 2006 2007 2011 2013 2016 2 460 2 582 2 812 2 906 3 168 3 302 3 758 3 8003 450
Nota. Datos do Instituto Español de Estadística.
Economía A súa economía baséase nas actividades de carácter industrial, sobre todo desde a implantación na achegada Figueruelas da factoría Opel España. Porén, a fonte tradicional de ingresos, a agricultura, a pesar de que perdeu importacia, mantense en vigor.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lista de concellos de Zaragoza Ligazóns externas
Páxina web do Concello de Pedrola Servizo deportivo municipal Pedrola
Categoría:Concellos da provincia de Zaragoza