Zulú (en ) é un filme épico dirixido polo guionista estadounidense Cy Endfield e producido por Stanley Baker e Endfield, con Joseph E. Levine como produtor executivo. O guión é obra de John Prebble e Endfield, e está protagonizado por Stanley Baker e Michael Caine, con actores secundarios Jack Hawkins, Ulla Jacobsson, James Booth, Nigel Green, Paul Daneman, Glynn Edwards, Ivor Emmanuel e Patrick Magee.

Representa a Batalla de Rorke's Drift entre o Exército Británico e os zulús en xaneiro de 1879, durante a guerra anglo-zulú. Conta a historia de 150 soldados británicos, moitos deles doentes ou feridos nun hospital de campaña, que detiveron con éxito unha forza de 4 000 guerreiros zulús. O futuro líder surafricano Mangosuthu Buthelezi interpretou o rei zulú Cetshwayo kaMpande, o seu bisavó. Richard Burton fixo as narracións de comezo e peche do filme.

O filme foi proxectado por vez primeira no 85 aniversario da batalla, o 22 de xaneiro de 1964 no Plaza Theatre de West End of London. Estreouse en galego o 17 de xullo de 2010 a través da TVG.

Personaxes Stanley Baker como Tenente John Chard Michael Caine como Tenente Gonville Bromhead Jack Hawkins como Reverendo Otto Witt Ulla Jacobsson como Margareta Witt Mangosuthu Buthelezi como Cetshwayo kaMpande James Booth como Henry Hook Nigel Green como Frank Bourne Ivor Emmanuel como Owen Paul Daneman como Sarxento Robert Maxfield Glynn Edwards como William Allen Neil McCarthy como Thomas David Kernan como Frederick Hitch Gary Bond como Cole Peter Gill como John Williams Patrick Magee como James Henry Reynolds Richard Davies como William Jones Denys Graham como Robert Jones Dickie Owen como Christian Schiess Gert van den Bergh como Tenente Josef Adendorff Dennis Folbigge como Comisario James Langley Dalton Larry Taylor como Hughes Kerry Jordan como Louis Byrne

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

Ficha en RottenTomatoes Ficha en AllMovie

Categoría:Filmes de 1964 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua zulú Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dirixidos por Cy Endfield Categoría:Filmes con banda sonora de John Barry Categoría:Filmes baseados en feitos reais Categoría:Filmes ambientados en 1879 Categoría:Filmes ambientados no Imperio Británico Categoría:Filmes rodados en Suráfrica Categoría:Filmes de 1964 con versión en galego