Cheikh Fayé, nado no ano 1962 na comunidade rural de Gade Escale, departamento de Diourbel, é un mestre e escritor senegalés radicado en Galiza. O 11 de xullo de 2017 presentou o seu primeiro ensaio titulado Ser Modou Moudou e editado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega. Converteuse, así, no primeiro escritor senegalés que escribe e publica en lingua galega.

Traxectoria Traballou como profesor de Xeografía e Historia de Francia no ensino secundario en Dakar. En 2003 emigrou do Senegal e asentouse na cidade da Coruña. Fayé presentouse ás eleccións municipais de 2015 na lista do BNG na Coruña. Porén, a súa candidatura foi anulada por non ter a nacionalidade española.

É autor do blog Senegaliza e dende 2016 tamén colabora con artigos de opinión no xornal Sermos Galiza.

Obra Ser Modou Moudou (2017)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Blog Senegaliza

Categoría:Nados en 1962 Categoría:Nados no Senegal Categoría:Escritores en lingua galega