O Atlas Lingüístico Galego (ALGa) é un atlas lingüístico da lingua galega, proxecto fundacional do Instituto da Lingua Galega (ILG).
Características Foi desenvolvido por Constantino García e mais Antón Santamarina, e os investigadores principais foron Francisco Fernández Rei, Manuel González González e Rosario Álvarez Blanco. O traballo de campo desenvolveuse entre 1974 e 1977 por medio de enquisas en 167 puntos do dominio lingüístico da lingua galega. Estes puntos estaban na Comunidade Autónoma Galega (152) e en puntos das comarcas galegófonas de Asturias, a provincia de León e a provincia de Zamora (15).
As enquisas constaban de 2711 preguntas cunha media de 4000 formas recollidas por localidades. Esta recollida deu nunha base de datos de case medio millón de rexistros.
En 2025 foi anunciado que está prevista unha futura publicación dixital do Atlas.
Volumes Están publicados os volumes:
I: Morfoloxía verbal (I e II) (1990) II: Morfoloxía non verbal (1995) III: Fonética (1999) IV: Léxico. Tempo atmosférico e cronolóxico (2003) V: Léxico. O ser humano (I) (2005) VI: Léxico. Terra, plantas e árbores (2015) VII: Léxico. O ser humano (II) (2020) VIII: Léxico. O ser humano (III) (2025)
Áchanse en fase de preparación os seguintes volumes:
IX: Léxico. Agricultura (I) X: Léxico. Fauna XI: Léxico (título por determinar) XII: Léxico (título por determinar)
Notas
Véxase tamén Outros artigos Atlas Lingüístico Románico
Categoría:Lingua galega Categoría:Dialectoloxía Categoría:Atlas Categoría:Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Obras de lingüística