A lingua nasa ou paez (en nasa: Nasa Yuwe) é unha lingua illada falada en Colombia polo pobo nasa. Ten 40 000 falantes sobre unha poboación de 120 000 indíxenas. É falada pola segunda meirande comunidade indíxena de Colombia, os nasa ou páez, no norte do departamento do Cauca, aínda que tamén hai pequenas comunidades noutros departamentos da rexión andina do país. O nasa está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Adelaar, Willem F. H.; & Muysken, Pieter C. (2004). The languages of the Andes. Cambridge language surveys. Cambridge University Press. Brend, Ruth M. (Ed.). (1985). From phonology to discourse: Studies in six Colombian languages (p. vi, 133). Language Data, Amerindian Series (No. 9). Dallas: Summer Institute of Linguistics. Beuchat, Henri; & Rivet, Paul. (1910). Affinités des langues du sud de la Colombie et du nord de l'Équateur. Le Mouséon, 11, 33-68, 141-198.
Categoría:Linguas paez Categoría:Linguas de Colombia Categoría:Pobo nasa