Cleantes de Aso (en grego orixinal Κλεάνθης) nado en Aso, Tróade, entre o -330 e o -300 e finado en -232, foi un filósofo da escola estoica e discípulo e sucesor de Zenón de Citio (-333 - -254)

Traxectoria De humildísima orixe, non foi senón até os 50 anos que puido estudar filosofía. Até esa idade tivo que gañarse a vida como púxil, pasando logo a Atenas, onde foi labrego e carrexador, cargando pesadas rocas con auga para un xardineiro. Entrou entón na escola de Zenón, chamada simplemente Pórtico, e á morte deste no -264 foi o seu sucesor, dirixíndoa ata que morreu moitos anos despois, xa con 99 de idade. Rexeitou a cidadanía ateniense para non agraviar ao seu lugar natal. Unha fundada tradición afirma que, do mesmo xeito que o seu mestre, deixouse morrer de fame. Moi fiel á doutrina do seu mestre, polemizou non só cos platónicos, os escépticos e os epicúreos, senón co seu correlixionario estoico Crisipo, que foi, con todo, o seu sucesor. O rigor da súa conduta non lle impediu ler os poetas, aos que interpretou arbitrariamente, nin cultivar a poesía, que considerou indispensábel xunto á música para render culto aos deuses e como prezada axuda para intuír o divino (Filodemo, De música, 28, 1)

Entre os seus discípulos atópase Crisipo. Segundo Dióxenes Laercio, dividiu a filosofía en seis partes: dialéctica, retórica, ética, política, física e teoloxía, aumentando as tres que fixera Zenón.

Sabemos algo das súas ideas por Dióxenes Laercio e por Ario Dídimo, quen escribiu sobre el en tempos de Octavio: Propuña vivir de acordo coa Natureza, porque así se obra correctamente. Cando isto ocorre, cando as obras son as correctas, é a virtude. A saúde e as riquezas son benvidas, pero tamén prescindíbeis. Pois continuou a filosofía de Zenón en canto á física ou o vivir de "acordo á natureza", a natureza entendida como a humana. Tras a súa morte, o senado romano erixiu unha estatua na súa honra en Aso.

Dióxenes Laercio relata a súa morte do modo seguinte: Afectoulle unha enfermidade nas enxivas, de forma que os médicos lle aconsellaron non comer nada. Aos dous días as enxivas sandaran, así que os galenos dixéronlle que xa podía volver comer como adoitaba. Con todo, Cleantes repuxo que xa levaba moito camiño realizado e non volveu comer ata que morreu, pouco despois.

Filosofía Nos fragmentarios escritos que sobreviven de Cleantes podemos apreciar a súa grande atención no papel da Divindade no mundo, identificando por igual que o que actúa virtuosamente actúa conforme aos designios da Divindade porque esta “impregna o universo”. E, do mesmo xeito que o seu mestre Zenón, asegura que “o fin é vivir de acordo á natureza”. Un cambio de énfase deste filósofo con respecto a Zenón parece radicar en que puxo maior atención e esforzo en argumentar e xustificar a repulsión ao Pracer. Aludindo -alegoricamente- que a posición hedonista do epicureísmo, aínda que non repudiase a virtude, era como unha situación onde as Virtudes debían de estar ao servizo do Pracer. Coma se a virtude consistise tamén en orientar ao Pracer e evitar que este cometese excesos, prexuízos á xente, insultos ás leis ou costumes, e coidalo para que non se perda. O referido é unha maneira moi “estoica” de ver as cousas referentes ás virtudes. En contraste, nas proposicións de Zenón non atopamos un ataque claro e directo contra o encumbramento do Pracer, quizais só se concretou en catalogalo como un indiferente.

A diferenza doutros estoicos, como o seu discípulo Crisipo, Cleantes só recoñece unha Natureza, a universal, negando que houbese unha natureza “particular do home”. Esta diferenza non é trivial pois pode carrexar problemáticas ao sistema estoico en xeral, porque se hai unha división entre a Natureza universal e a natureza humana como refire Crisipo, entón podería haber actos que puidesen ser coherentes coa Natureza universal pero non coa natureza humana, e viceversa.

A posición de Cleantes de recoñecer só á Natureza universal provén daquela énfase que puxo en subliñar o papel da Divindade-Zeus no desenvolvemento do cosmos na súa totalidade. Porque identificaba plenamente á Natureza coa Divindade, coa Providencia, co Destino e con Zeus, e nada, absolutamente nada, acontecía sen a vontade e a aquiescencia da Natureza-Destino-Providencia. Séneca fainos referencia a iso nuns versos de Cleantes:

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Dióxenes Laercio: Vidas, opinións e sentenzas dos filósofos máis ilustres; VII, 168 - 176: Cleantes. Texto español na Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes. Texto grego en Wikisource. Cleantes: Himno a Zeus (Ἥμνος εἰς Δία ou Ύμνος εις Δία). Textos franceses no sitio de Philippe Remacle (1944 - 2011): trad. en verso de Henri-Frédéric Amiel publicada en París en 1886, máis outra en prosa feita a partir da latina de Estobeo e publicada en Grenoble. Texto inglés en Wikisource. Texto grego en Wikisource, con tradución francesa en curso. Texto grego en Wikisource. Texto grego no sitio da Bibliotheca Augustana (Augsburgo). Textos de Cleantes en Wikisource: En francés. En inglés. En grego. Textos gregos de Cleantes no sitio da Bibliotheca Augustana.

Categoría:Nados no século -IV Categoría:Finados en -232 Categoría:Filósofos da Grecia antiga Categoría:Púxiles da Grecia antiga