Soiuz T-12 foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 17 de xullo de 1984 mediante un foguete Soiuz U2 desde o cosmódromo de Baikonur.
Características Soiuz T-12, unha Soiuz modelo T cos cosmonautas Vladimir Dzhanibekov, Svetlana Savitsakaya e Igor Volk a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coa estación espacial Saliut 7. A tripulación adicouse a facer diversos experimentos ata o seu regreso. Durante a misión tivo lugar o primeiro paseo espacial dunha cosmonauta, a tripulante Svetlana Savitskaya. O paseo durou 3 horas e 30 minutos, durante o cal probou unha ferramenta para cortar, soldar e puír superficies metálicas.
Os cosmonautas regresaron o 29 de xullo de 1984 ás 12:55 GMT.
Véxase tamén
Outros artigos Soiuz 2 Soiuz T Saliut 7
Notas
Categoría:Programa Soiuz