A vaga de incendios forestais de 2017 en Galicia son unha serie de incendios forestais que afectan a boa parte de Galicia en outubro de 2017, simultáneos con cadansúas vagas en Asturias e Portugal. Entre o venres 13 de outubro e a tarde do domingo rexistráronse 146 incendios, 60 deles na xornada de domingo e 28 destes iniciados de madrugada, entre a medianoite e as nove da mañá. Os lumes afectan ás catro provincias galegas e provocaron catro mortos en Galicia«Tres muertos y miles de hectáreas calcinadas en Galicia, donde siguen activos 30 incendios» El Mundo. (44 en Portugal).

Os presidentes de Galicia, Alberto Núñez Feijóo,Feijóo lamenta o "terrorismo incendiario" e di que hai "máis medios que nunca en outubro"Feijóo alenta que os incendiarios sexan xulgados por terrorismo na Audiencia Nacional e de España, Mariano Rajoy,Rajoy asegura que a vaga de incendios foi "provocada" e non "casualidade" incidiron dun xeito sistemático que son intencionados, mentres que profesionais especializados como enxeñeirosOpinión de Juan Picos, director da Escola de Enxeñería Forestal da Universidade de Vigo en Pontevedra, xuristasOpinión de Álvaro García Ortiz, fiscal delegado de Medio Ambiente e de Fernando Suanzes, fiscal superior de Galicia, brigadistas e servizos de emerxenciasOpinión dos sindicatos de bombeiros non mencionan a intencionalidade como razón principal, aducindo outras causasA ausencia dun mando único (xa dende 2015), o modelo e desmantelamento anticipado do dispositivo e mesmo a recomendación a chamar ó 112. O secretario xeral do Eixo Atlántico Xoán Vázquez Mao, ante a insinuación de culpar a Portugal polo descontrol dos incendios no seu territorio, criticou a Alfonso Rueda como vicepresidente pola ausencia dun órgano transfronteirizo unificado de coordinación de emerxencias.. Algúns autores apuntan unha estratexia dos primeiros para ocultar as causas que os segundos refiren.Rosa Aneiros criticouno como unha manobra de distración, mentres que Carlos Negro criticou tamén a cobertura da Televisión de Galicia

Contexto miniatura|esquerda|Vista de satélite da vaga de incendios en Galicia e Portugal o día 15 de outubro. Entre 2001 e 2014, 87.351 incendios queimaron máis de 360 000 hectáreas nesta rexión, unha superficie máis grande que Biscaia. Durante o mesmo período tiveron lugar en Galicia o 39 % dos incendios de España, 87 367 dun total de 223 818.«Hectáreas quemadas por CCAA, provincia y causa » . Consultado o 15 de outubro de 2017.«Galicia en llamas: el mapa de una tragedia» . Civio. Consultado o 15 de outubro de 2017. Como explicación, a miúdo arguméntase que o despoboamento do medio rural e o consecuente descoido dos bosques, unha poboación envellecida e o uso do lume como elemento de xestión do monte, serían parte do problema. Tamén inclúe a acción dos incendiarios: o 80 % dos incendios en Galicia son intencionados, segundo datos oficiais do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente. Algúns medios xa apuntaban que podería haber unha connivencia criminal entre empresas especializadas en extinción de incendiosToledo, Daniel. «El cártel del fuego (I)» . ctxt.es | Contexto y Acción.. miniatura|Monte do Faro ardendo, xoves 12 de outubro.

Neste contexto, durante os primeiros días do mes de outubro de 2017, varios incendios tiveron lugar dispersos pola xeografía galega. Entre o día 1 e o 13 a Consellería do Medio Rural galega informaba que se queimaron unhas 2000 hectáreas en varios incendios menores, onde destacaban tres incendios ao municipio de Lobios que afectaran ao Parque Natural do Xurés.«Los incendios castigan el interior de Galicia con más de 2.000 hectáreas quemadas en octubre» eldiario.es. A Xunta de Galicia non ten unha política oficial de comunicación de incendios, feito que dificulta coñecer a cifra exacta.«La Xunta oculta información sobre los incendios forestales por noveno verano consecutivo» . eldiario.es. miniatura|Monte do Faro ardendo, xoves 12 de outubro.

Cronoloxía

Venres 13 e sábado 14 Durante a mañá de venres 13 de outubro había varios incendios no territorio. Algúns deles empezaran poucos días antes. Destacaban catro incendios no municipio de Vilariño de Conso, que afectaron 530 hectáreas, ou o de Manzaneda, con 20 hectáreas arrasadas.«Dieciséis incendios forestales azotan Galicia...». Faro de Vigo. Na provincia lucense declarouse un incendio en Folgoso do Courel, con 150 hectáreas arrasadas, e outro en Cervantes. En Silleda queimáronse unhas 150 hectáreas.«Los incendios castigan el interior de Galicia con más de 2.000 hectáreas quemadas en octubre» . eldiario.es. miniatura|Efectos do incendio na contorna do parador de Baiona, a primeiras horas do luns 16. Nunha fin de semana con moitos ventos e altas temperaturas, os lumes estendéronse ao longo do país.«DIRECTO | Incendios en Galicia» . eldiario.es.

A noite do sábado 14 ao domingo 15 había 28 incendios.

Domingo 15 O día 15 xa eran 80 incendios descontrolados ao longo de todo o territorio. Ao mediodía había uns 140 incendios en varios puntos e estimábase que había unhas 1500 hectáreas queimadas. Os lumes víronse afectados polos cambios de vento repentinos, debidos aos últimos efectos do furacán Ophelia. Algúns dos municipios máis afectados foron Pazos de Borbén, As Neves, Salvaterra de Miño, Baiona e Gondomar. Dous dos incendios máis importantes son os orixinados en Ponteareas, que afectaron a máis de 1.500 hectáreas, e o de Montederramo e Vilar de Barrio, que queimaron máis de 500 hectáreas.Barcelona, El Periódico. «Dos personas mueren en una furgoneta atrapada por el fuego en Galicia» . elperiodico. 15-10-2017.

Doutra banda, durante a fin de semana tamén se iniciaron máis de 300 incendios na zona norte de Portugal, polo que a Xunta tamén enviou recursos para tratar de evitar que o lume entrase en territorio galego.

miniatura|Voluntarios descansando en Nigrán, na madrugada do domingo. miniatura|dereita|220px|Nube de fume sobre a cidade de Vigo (domingo 15 de outubro). As lapas chegaron a cidades como Vigo, onde os veciños de barrios como Valadares realizaron cadeas humanas con cubos de auga para tentar parar os efectos do lume. O concello habilitou tres hoteis para todos aqueles que tiveran que abandonar a súa casa.«En directo: Dos muertos en una furgoneta calcinada por el fuego en Nigrán» La Voz de Galicia, 15-10-2017. O departamento de Emerxencias declarou a situación 2 de risco real para varios núcleos poboados.20Minutos. «Incendios en Galicia | Directo: Al menos dos muertos en los incendios que asolan Galicia - 20minutos.es» 20minutos.es - Últimas Noticias.

Ao mediodía a circulación foi interrompida na autovía A-52 en dirección a Vigo pola proximidade do lume. Durante o día producíronse outros cortes en vías como a N-525, a AG-57, a OU-101, a OU-0406, LU-P-1401 ou a VG-20, entre outras.

O domingo pola tarde a Xunta informou que unhas 350 brigadas, 220 motobombas, corenta pas e unha vintena de medios aéreos da propia Xunta e do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio ambiente traballaban para combater os incendios, que xa arrasaran máis de 4.000 hectáreas. Priorizaron zonas poboadas e polígonos industriais.Apestegui, Ainhoa «Al menos dos muertos por los incendios en Galicia » Cadena SER. 15-10-2017. Activouse o Protocolo de acción en casos excepcionais de contaminación atmosférica debido á gran cantidade de fume que chegaba a algunhas zonas poboadas.«En directo: Dos muertos en una furgoneta calcinada por el fuego en Nigrán» La Voz de Galicia. 15-10-2017. Ás 23:30 aínda había 17 incendios activos. A última hora de domingo declarouse un novo incendio en Fofán (A Armenteira, Meis), que se estendeu até o municipio veciño de Meaño. Os lumes estendéronse tamén por varias zonas de Asturias.

Luns 16 A Axencia Estatal de Meteoroloxía activou para o luns avisos amarelos (risco) debido aos ventos orixinados polo furacán Ophelia nas provincias da Coruña e Lugo, entre outras provincias do norte de España.

Martes 17 Segundo Medio Rural, o martes pola mañá seguían a arder 82 incendios, 27 deles activos, dos cales 7 estaban próximos a vivendas..

Consecuencias miniatura|dereita|220px|Manifestación do 16 de outubro en Vigo contra a vaga de incendios. O día 15 de outubro confirmouse que dúas persoas morreran en Chandebrito (Nigrán). Os bombeiros atoparon os seus corpos no interior dun vehículo queimado. Outra persoa morreu en Carballeda de Avia, e unha cuarta en Vigo"A morte dun septuaxenario cando apagaba un lume en Vigo, eleva a catro as vítimas polos incendios" , artigo en Galicia Confidencial, 16 de outubro de 2017. En Portugal, os mortos chegaron a 44.O número de mortes polos incendios de outubro, despois dos 64 de Pedrógão Grande en xuño

O domingo 15 suspendéronse as clases no Campus de Vigo e noutros 20 centros educativos da provincia de Pontevedra para o luns día 16. Nesa mesma mañá do 16 desaloxouse o CEIP de Vilariño de Conso, e o alumnado do CEIP Pena Corneira, en Carballeda de Avia, non puido asistir por incidencias no transporte escolar. O martes 17 as clases seguían suspendidas no IES Pazo da Mercé das Neves e o CPR Estudio de Nigrán."Suspendidas as clases este martes no IES Pazo da Mercé das Neves e o CPR Estudio de Nigrán, ambos en Pontevedra" , artigo en Galicia Confidencial, 16 de outubro de 2017.

O lume afectou ao castro de Chandebrito (Nigrán), e rodeou o mosteiro de Oseira e o castelo de Monterreal (Baiona)."O lume tamén queima o patrimonio galego" , artigo en Galicia Confidencial, 16 de outubro de 2017.

O Parlamento de Galicia aprobou crear unha Comisión de Estudo sobre Política Forestal. Esta Comisión de Estudo solicitoulle a Meteogalicia un Informe sobre a incidencia do cambio climático nos incendios forestais que concluíu que as proxeccións climáticas apuntan a un aumento do risco meteorolóxico de incendios en Galicia ao longo do século XXI.

Reaccións Os sindicatos de bombeiros pediron maior coordinación, un cambio no modelo de produción e extinción forestais e a dimisión da Conselleira de Medio Rural. O presidente da Xunta de Galicia Alberto Núñez Feijóo pediu "sensibilidade e responsabilidade".Vizoso, Sonia «Mueren dos personas en uno de los incendios que azotan Galicia» . El País. 15-10-2017.

Con todo, a súa insinuación de culpar a Portugal pola falta de coordinación foi recibida con duras críticas por parte do secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao. Como consecuencia na política interna en Portugal, os incendios provocaron a dimisión dunha ministra e unha moción de censura contra o presidente Sousa.

Varios políticos e institucións mostraron o seu apoio, entre as que destaca a do presidente do Goberno español, Mariano Rajoy.Brey, Mariano Rajoy. «Mi pésame por los fallecidos en los incendios en Galicia. Gracias a todos los que trabajan en su extinción y en atender a la población. MR» . 2:02 PM - 15 Oct 2017. Consultado o 15 de outubro de 2017.

O luns 16 convocáronse manifestacións de protesta nas principais vilas e cidades."Miles de persoas enchen as rúas de cidades e vilas galegas para erguer un “Nunca Máis” contra os incendios" , artigo en Sermos Galiza, 16 de outubro de 2017.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Outros artigos O que arde, filme de 2019 dirixido por Óliver Laxe. Vaga de incendios forestais de 2006 en Galicia Incendio forestal de Pedrógão Grande en 2017 Incendios forestais de 2017 na Península Ibérica Vaga de incendios forestais de 2025 en Galicia Incendios en Galicia Ligazóns externas Documental As Neves Zona 0 Documental Queimados do alumnado do IES Terra de Turonio de Gondomar.

Categoría:2017 en Galicia Categoría:Incendios forestais