A Casa do Concello de Delft (en neerlandés: Stadhuis van Delft) é un edificio de estilo renacentista situado na Gran Praza (Grote Markt ou simplemente Markt), fronte á igrexa nova da cidade holandesa de Delft, na Holanda Meridional. O edificio, que en 1967 recibiu a consideración de monumento nacional dos Países Baixos (rijksmonument), foi a sede do Concello de Delft e na actualidade utilízase como escenario protocolario para a celebración de recepcións e eventos cerimoniosos.Ficha de inscrición do edificio no Rijksmonumentenregister (en neerlandés)Información acerca do edificio na web oficial do Concello de Delft. (En inglés)

Historia Unha parte do edificio data do século XIII e outra gran parte do edificio foi construída ao longo do século XIV.

Aínda que esta casa consistorial sobreviviu ao grande incendio de 1536 que destruíu a cidade de Delft, pola contra Por outra banda, sufriu moi gravemente o incendio do 4 de marzo de 1618. Desde 1618 a 1620 tiveron lugar obras e ampliacións baixo a dirección de Hendrick de Keyser, arredor da torre central, chamada "a vella pedra" (De Oude Steen), que albergaba unha antiga sala de tortura.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Delft Gran Praza de Delft Igrexa nova de Delft

Categoría:Arquitectura en Delft Categoría:Casas do concello dos Países Baixos Categoría:Arquitectura renacentista Categoría:Rijksmonument