O aeroporto internacional de Corfú, "Ioannis Kapodistrias" (IATA: CFU, ICAO: LGKR) é un aeroporto na illa grega de Corfú. Opera tanto voos regulares como chárter cara varias cidades europeas. O tráfico no aeroporto chega ao seu pico durante a estación de verán, entre os meses de abril e outubro. O aeroporto Ioannis Kapodistrias, chamado así por Ioannis Kapodistrias, diplomático do Imperio Ruso e primeiro xefe de estado da Grecia independente. Atópase situado a uns 2 km ao sur da cidade de Corfú e a medio quilómetro ao norte de Pontikonisi.

Historia O aeroporto fundouse en 1937. Durante a segunda guerra mundial foi usado polas forzas alemás e italianas como base para avións de transporte e de caza. Durante a guerra a lonxitude da pista era de 600 metros. A finais de abril de 1949 a súa lonxitude chegou aos 800 metros. En 1951 aumentaríase ata os 1 260 para poder operar con avións de maior tamaño. A seguinte e derradeira extensión da pista comzou en 1957 e completouse dous anos despois, chegando aos 2 373 metros de lonxitude.

O primeiro voo comercial no aeroporto tivo lugar o 19 de abril de 1949 dende Atenas operado por TAE Greek National Airlines. O 2 de setembro de 1950 HELLAS tamén comezou a operar en Corfú. No ano 1962 construíuse unha pequena terminal de pasaxeiros, que no presente aínda é usada polo Aeroclube de Corfú. En abril de 1965 o aeroporto tivo o seu primeiro voo internacional, operado por Olympic Airlines. A construción da nova terminal de pasaxeiros comezou en 1968 e rematou en 1972.

En decembro de 2015 completouse a privatización do aeroporto de Corfú, xunto con outros 13 aeroportos rexionais de Grecia, coa sinatura do acordo entre Fraport AG/Copelouzos Group e o Fondo de Desenvolvemento de Activos da República Helénica, un fondo de privatización estatal. Segundo o acordo, a empresa conxunta operaría os 14 aeroporto durante 40 anos dende o 11 de abril de 2017.

Aeroliñas e destinos miniatura|300px|Airbus A320 de Aegean Airlines aterrando en Corfú miniatura|300px|Airbus A319 de easyJet tras aterrar en Corfú miniatura|300px|Airbus A319 de Germania aterrando en Corfú miniatura|300px|Boeing 737 de SmartWings engalando de Corfú

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Web do aeroporto

Corfú