O aeroporto de Vilnius (IATA: VNO, ICAO: EYVI) é o aeroporto internacional de Vilnius, a capital de Lituania. Está situado a 5,9 km ao sur da cidade. É o máis grande dos catro aeroportos comerciais do país en tráfico de pasaxeiros. O aeroporto de Vilnius serve como base para Ryanair, Wizz Air e Small Planet Airlines. No ano 2016 pasaron polas súas instalacións un total de 3 814 001 pasaxeiros.

Historia Primeiros anos O aeroporto comezou as súas operacións o 17 de agosto de 1932 co nome de Wilno-Porubanek; Porubanek era o nome da vila que no presente é parte do distrito de Kirtimai de Vilnius. Antes da segunda guerra mundial operaba a entón ruta doméstica entre Vilnius e Varsovia, ademais da ruta internacional cara Riga. O 15 de abril de 1939 inaugurou unha nova ruta a Kaunas. Durante a guerra as súas instalacións foron usadas como aeródromo militar. O día 17 de xullo de 1944 reanudáronse as súas actividades como aeroporto civil.

Desenvolvemento recente Lithuanian Airlines (renomeada posteriormente como FlyLAL) foi fundada como aeroliña nacional de Lituania tras a independencia do país en 1991, herdando a frota de Aeroflot baseada no aeroporto formada por Tupolev Tu-134, Yakovlev Yak-40, Yak-42, Antonov An-24 e An-26. Rapidamente foi substituíndo ese aparellos soviéticos con modernos reactores Boeing 737 e Boeing 757 e turbohélices Saab 340 e Saab 2000. As súas operacións cesaron o 17 de xaneiro de 2009 debido ás crecentes dificultades económicas. Co colapso de flyLAL o aeroporto perdeu os seus servizos regulares a Ámsterdam, Budapest, Istanbul, Madrid e Tbilisi.

airBaltic, a aeroliña nacional de Letonia abriu unha segunda base en Vilnius no ano 2004 para complementar as súas operacións dende o aeroporto de Riga, usando reactores Boeing 737 e turbohélices Fokker 50 e converténdose na aeroliña con máis presenza no aeroporto. airBaltic chegou a voar a 19 destinos, pero no presente só opera 6 rutas.

O aeroporto de Vilnius é o principal centro de conexións para Small Planet Airlines, Grand Cru Airlines e Aviavilsa e é base para Wizz Air. Foi o principal centro de conexións para Star1 Airlines ata que cesou as súas operacións en setembro de 2010 e para Aurela, ata que perdeu a súa licenza de voo.

O 30 de xuño de 2013 Air Lituanica comezou a voar dende Vilnius e estableceu a súa base alí servindo varias cidades europeas. Porén, o 22 de maio de 2015 a aeroliña cesaría todas as súas operacións.

O aeroporto estivo pechado durante 35 días entre o 14 de xullo e o 17 de agosto de 2017 para traballos de reconstrución da pista de aterraxe. Todos os seus voos foron desviados ao aeroporto de Kaunas.

Aeroliñas e destinos Pasaxeiros

Carga

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Web do aeroporto

Vilnius