Lawrence Edward "Larry" Page, nado en East Lansing (Míchigan) o 26 de marzo de 1973, é un científico informático e empresario estadounidense. Page é cofundador, xunto con Serguei Brin de Google, anteriormente chamada BackRub. Page é o director executivo (CEO) da compañía matriz de Google, Alphabet Inc.
Page é o inventor de PageRank, o algoritmo de clasificación de procura máis coñecido de Google. Page recibiu o Premio Marconi en 2004.
É, ademais, un dos homes máis ricos do mundo; en outubro de 2017 estimábase que tiña un patrimonio neto de 40.7 mil millóns de dólares (2017).
Traxectoria Page é fillo de dous docentes universitarios, Gloria Page, profesora de programación no Lyman Briggs College e na Universidade Estatal de Míchigan e Carl Victor Page, profesor de ciencias da computación e intelixencia artificial da Universidade Estatal de Míchigan, foi un pioneiro e autoridade no campo da Intelixencia artificial, prematuramente falecido en 1996."Former faculty member dies". Noticiero del Departamento de Computación de la University of North Carolina at Chapel Hill, nº 18, otoño de 2004 (consultado el 27-9-2011).
Desde os dous anos de idade asistiu en Lansing a unha escola do método Montessori. A paixón de Page polos computadores e a informática empezou aos seis anos, e o seu interese pola tecnoloxía e os inventos aos doce. O seu ídolo xuvenil foi Nikola Tesla.A. Ignatius, "In Search Of The Real Google", revista Time, 12-2-2006 (consultado el 27-9-2011). Seguindo os pasos dos seus pais, e baixo a súa orientación, cursou estudos na East Lansing High School e graduouse con honras na Universidade Estatal de Míchigan, obtendo un grao en enxeñería de computadores (Computer Engineering). Doutorouse en ciencias da computación na Universidade Stanford. O Instituto de empresa premiouno cun máster honorífico en administración de empresas e foi o primeiro en recibir o premio Alumni society recent engineering graduate da Universidade de Míchigan.
Google Durante o seu doutoramento en Stanford coñeceu a Sergey Brin. Xuntos desenvolveron e puxeron en marcha o buscador Google, que empezou a funcionar en 1998. Google está baseado na tecnoloxía patentada PageRank. Dise que lle puxeron este nome ao buscador pola súa semellanza coa palabra googol ou gúgol (nome dun número extremadamente grande, 10 elevado á 100, ou 10100).
O primeiro artigo sobre Google que ambos publicaron nun periódico científico foi "The Anatomy of a Large-Scale Hypertextual Web Search Engine" (1998),Actas da WWW7. Seventh International Conference on World Wide Web, publicado na revista Computer Networks and ISDN Systems 30, núms. 1-7, 1 abril de 1998. que figurou pronto entre os dez artigos máis citados de todos os tempos.Documento sobre Larry Page en "Seminar on People, Computers, and Design" na Universidade Stanford, 11 de xaneiro de 2001 (consultado o 27-9-2011). Page foi presidente de Google xunto con Sergey Brin ata 2001, ano en que decidiron contratar a Eric Schmidt. Page dirixe Google xunto a Serguey Brin e Schmidt.
A data 4 de abril de 2011 Eric Schmidt cesou a súa actividade como director executivo (CEO) de Google para dar paso a Larry Page.
Outros datos Page deu conferencias en diversos foros internacionais, como o Foro Económico Mundial, a Conferencia de Tecnoloxía, Entretemento e Deseño, o Cume sobre Tecnoloxía do The Wall Street Journal, ou o Club Commonwealth. Foi nomeado World Economic Forum Global Leader for Tomorrow (Líder Global para o Futuro do Foro Económico Mundial) en 2002, así como Young Innovator Who Will Create the Future (Mozo Innovador Que Creará o Futuro) pola revista Technology Review do Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT). Membro do National Advisory Committee (NAC) da Facultade de Enxeñería da Universidade de Míchigan, foi nomeado Innovator of the Year (Innovador do Ano) pola revista Research and Development e foi elixido membro da Academia Nacional de Enxeñería en 2004.
En 2004, xunto con Brin, recibiu o Premio Marconi, e o 24 de outubro de 2008, en nome de Google, o Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades.
O seu irmán máis vello, Carl Victor Jr., foi cofundador de eGroups, máis tarde vendido a Yahoo.Biografía de Larry Page.
O 8 de decembro de 2007, na hawaiana illa Necker, Larry Page casou con Lucinda (Lucy) Southworth, licenciada en ciencias biomédicas das universidades de Pensilvania e Oxford.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Equipo directivo de Google Os mellores líderes de América (en inglés) Biografía de Larry Page (en inglés)
Categoría:Nados no condado de Ingham, Míchigan Categoría:Nados en 1973 Categoría:Personalidades da informática Categoría:Empresarios dos Estados Unidos de América Categoría:Personalidades do xudaísmo Categoría:Alumnos da Universidade Stanford Categoría:Profesores da Universidade Estatal de Míchigan