Marguerite Annie Johnson nada en Saint Louis (Missouri) o 4 de abril de 1928 e finada en Winston-Salem o 28 de maio de 2014 foi unha autora, poeta, bailarina, actriz e cantante estadounidense coñecida como Maya Angelou. Publicou sete autobiografías, tres libros de ensaio, varios libros de poesía e unha importante cantidade de obras teatrais, filmes e espectáculos de televisión de gran relevancia durante máis de cincuenta anos. Angelou recibiu ducias de premios e máis de cincuenta títulos honoríficos.

Converteuse en escritora e poeta despois de ter diferentes ocupacións durante a súa mocidade, incluíndo cociñeira, prostituta, bailarina e actriz de clubs nocturnos, membro do elenco do musical Porgy and Bess, coordinadora da Conferencia Sur de Liderado Cristián e xornalista en Exipto e Ghana durante a descolonización de África. En 1982 converteuse en profesora de estudos americanos na universidade de Wake Forest en Winston-Salem, Carolina do Norte. Participou activamente no movemento polos dereitos civís, traballando con Martin Luther King, Jr. e Malcolm X. A mediados da década de 1990 realizou arredor de oitenta aparicións ao ano no circuíto de discursos, o que continuou a facer ata os oitenta anos. En 1993, Angelou recitou o seu poema "On the Pulse of Morning" na inauguración do presidente Bill Clinton, sendo a primeira poeta que recitou o seu traballo nunha inauguración presidencial dende que o fixera Robert Frost para o presidente John F. Kennedy en 1961.

Coa publicación de I Know Why the Caged Bird Sings, falou publicamente de aspectos da súa vida persoal. Foi unha respectada voceira das persoas de raza negra e das mulleres, e a súa obra considérase unha defensa da cultura afroamericana. Houbo intentos de censura dos seus libros nas librarías estadounidenses, mais os seus traballos son amplamente empregados nas escolas e universidades. As obras máis importantes de Angelou foron etiquetadas como autobiografías de ficción, mais algúns críticos si as caracterizaron con certas autobiografías. Angelou fixo un intento deliberado de retar a estrutura común das autobiografías, criticando, cambiando e expandindo o xénero. Os seus libros céntranse en temas como o racismo, a identidade, a familia e as viaxes.

Obra Angelou escribiu un total de sete autobiografías. De acordo á estudosa Mary Janes Lupton, a terceira autobiografía, Singin' and Swingin' and Gettin' Merry Like Christmas, marcou a primeira vez que un autor afroamericano recoñecido escribise un terceiro volume sobre a súa vida.Lupton, p. 98. Os seus libros "van alén do tempo e o espazo", dende Arkansas ata África e de regreso aos Estados Unidos e narran dende principios da segunda guerra mundial ata o asasinato de Martin Luther King, Jr.Lupton, p. 1. Angelou publicou a súa sétima autobiografía Mom & Me & Mom en 2013, aos 85 anos. Os críticos tenderon a xulgar as subsecuentes autobiografías de Angelou "en comparación coa primeira" sendo Caged Bird o máis aclamado. Angelou escribiu cinco coleccións de ensaios, chamados "libros de sabedoría" e "homilías unidas a textos autobiográficos" polo escritor Hilton Als. Angelou tivo o mesmo editor durante a súa carreira de escritora, Robert Loomis, un editor executivo de Random House, que se retirou en 2011 e foi declarado "un dos membros do salón da fama dos editores". Angelou dixo sobre a súa relación con Loomis: "Temos unha relación que é famosa entre publicistas".Tate, p. 155.

A longa e extensa carreira de Angelou tamén incluíu poesía, obras de teatro e guións para filmes e telefilmes, ademais de dirixir, actuar e falar en público. O seu poemario de 1971 Just Give Me a Cool Drink of Water 'fore I Diiie foi candidato ao premio Pulitzer e foi escollida polo presidente Bill Clinton para recitar o seu poema "On the Pulse of Morning" durante a inauguración presidencial de 1993.

A carreira como actriz de Angelou incluíu papeis en obras de teatro, filmes e programas de televisión, como na miniserie Roots de 1977. Os seu guión para Georgia, Georgia (1972), foi o primeiro guión dunha muller afroamericana que foi producido. Tamén foi a primeira muller afroamericana que dirixiu un filme, Down in the Delta, en 1998.Gillespie et al., p. 144.

Cronoloxía de autobiografías I Know Why the Caged Bird Sings (1969): Up to 1944 (age 17) Gather Together in My Name (1974): 1944–48 Singin' and Swingin' and Gettin' Merry Like Christmas (1976): 1949–55 The Heart of a Woman (1981): 1957–62 All God's Children Need Traveling Shoes (1986): 1962–65 A Song Flung Up to Heaven (2002): 1965–68 Mom & Me & Mom (2013): overview miniatura|141x141px|Detalle da moeda dedicada a Maya Angelou (2022).

Recoñecementos En 2022, a figura de Maya Angelou foi homenaxeada ao ser a protagonista da primeira das moedas estadounidenses dun cuarto de dólar da serie Mulleres Americanas, dedicada ás mulleres máis representativas da historia dos Estados Unidos."Maya Angelou Quarter". United States Mint.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Braxton, Joanne M., ed. (1999). Maya Angelou's I Know Why the Caged Bird Sings: A Casebook. Nova York: Oxford Press. ISBN 978-0-19-511606-9 Burr, Zofia (2002). Of Women, Poetry, and Power: Strategies of Address in Dickinson, Miles, Brooks, Lorde, and Angelou. Urbana, Illinois: University of Illinois Press. ISBN 978-0-252-02769-7 DeGout, Yasmin Y. (2009). "The Poetry of Maya Angelou: Liberation Ideology and Technique". In Bloom's Modern Critical Views—Maya Angelou, Harold Bloom, ed. Nova York: Infobase Publishing, pp. 121–132. ISBN 978-1-60413-177-2 Gillespie, Marcia Ann, Rosa Johnson Butler, e Richard A. Long. (2008). Maya Angelou: A Glorious Celebration. Nova York: Random House. ISBN 978-0-385-51108-7 Hagen, Lyman B. (1997). Heart of a Woman, Mind of a Writer, and Soul of a Poet: A Critical Analysis of the Writings of Maya Angelou. Lanham, Maryland: University Press. ISBN 978-0-7618-0621-9 Lauret, Maria (1994). Liberating Literature: Feminist Fiction in America. Nova York: Routledge Press. ISBN 978-0-415-06515-3 Long, Richard (2005). "Maya Angelou". Smithsonian 36, (8): pp. 84–85 Lupton, Mary Jane (1998). Maya Angelou: A Critical Companion. Westport, Connecticut: Greenwood Press. ISBN 978-0-313-30325-8 McWhorter, John (2002). "Saint Maya." The New Republic 226, (19): pp. 35–41. O'Neale, Sondra (1984). "Reconstruction of the Composite Self: New Images of Black Women in Maya Angelou's Continuing Autobiography", en Black Women Writers (1950–1980): A Critical Evaluation, Mari Evans, ed. Garden City, N.Y: Doubleday. ISBN 978-0-385-17124-3 Toppman, Lawrence (1989). "Maya Angelou: The Serene Spirit of a Survivor", in Conversations with Maya Angelou, Jeffrey M. Elliot, ed. Jackson, Mississippi: University Press. ISBN 978-0-87805-362-9 Walker, Pierre A. (outubro de 1995). "Racial Protest, Identity, Words, and Form in Maya Angelou's I Know Why the Caged Bird Sings". College Literature 22, (3): pp. 91–108.

Ligazóns externas Páxina oficial Angelou's memorial service at Wake Forest University Maya Angelou at Find a Grave

Poemas

Categoría:Actores dos Estados Unidos de América Categoría:Poetas dos Estados Unidos de América Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en St. Louis, Missouri Categoría:Nados en 1928 Categoría:Finados en 2014 Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Estadounidenses de ascendencia africana