En bioloxía molecular o dominio do microcomparimento bacteriano ou dominio BMC (do inglés Bacterial Microcompartment) é un dominio proteico que se encontra en diversas proteínas da cuberta do carboxisoma, como CsoS1A, CsoS1B e CsoS1C da bacteria Thiobacillus neapolitanus (hoxe Halothiobacillus neapolitanus) e os seus ortólogos doutras bacterias. Estas proteínas de cuberta forman a estrutura poliédrica do carboxisoma e estruturas relacionadas que desempeñan un papel metbólico nas bacterias. O dominio BMC consta duns 90 residuos de aminoácidos, caracterizados por presentaren un motivo β-α-β conectado por unha forquita β.

A maioría das proteínas de cuberta dos microcompartimentos constan dun só dominio BMC en cada subunidade, formando unha estrutura hexamérica que se ensambla formando as facetas planas da cuberta poliédrica. Ata agora atopáronse dúas proteínas de cuberta de microcompartimentos que constan de dominios BMC en tándem, as cales forman unha estrutura trímera, dando lugar a unha aparencia pseudohexamérica.

Notas

Categoría:Dominios proteicos