Francisco Ledo López, máis coñecido como Paco Ledo, nado en Mariz (Chantada) o 11 de febreiro de 1952, é un gandeiro e poeta en lingua galega.

Traxectoria Paco Ledo traballou de gandeiro na contorna do seu concello natal ata a súa xubilación en 2012. A súa poesía é popular, labrega, rural e fai referencia ás serras chantadinas, ás ribeiras, ás tradicións da Ribeira Sacra.

Participa no Roteiro das Artes-Internacional con publicacións colectivas en Mozambique, Brasil etc.. En 1977 publicou Poesía dun labrego, 53 poemas con limiar de Xosé Moreiras Santiso: En 1978 e 1979 publicou varios poemas na revista Norte de Castilla. Tamén colaborou coa revista Xistral e o xornal El Progreso.

En 2011 publicou en Internet Poemas baixo o pseudónimo de Martín do Pacio e con prólogo de Celso Almuíña:

De 2016 é Nos cumes do cántico, do que di Xosé Lois García Fernández, autor do prólogo:

Participou con poemas seus en:

Colectânea de Poesia Luso-Galaica. 2018. El Ribeiro, mucho más que un vino (1000 años en el arte, la literatura y la documentación). José Luis Chao Rey, coord. Círculo Rojo. Nº 4 de Cairón, Boletín do Insituto de Estudios Ulloáns. Vía Jacobitana, nº 3. Camino de Invierno. Escaleira Literaria de Sober. As feiras de Monterroso. José Gómez Avite e Francisco Pardo Teijeiro, Coords. E de súpeto o inverno (con Angel Utrera). Agadir Ediciones solidarias. Ecos dos poetas de Chantada. Xose Lois García. Boletín do Instituto de Estudo Ulloáns, nº 5, setembro, 2021. Dous poemas.

Publicacións Poesía Poesía dun labrego (1977), Lugo, Alvarellos, ISBN 84-400-3165-3 Martín do Pacio “Poemas” (2011)Martín do Pacio “Poemas” Nos cumes do cántico (2016), Edición Dous Teixos-Contos Solidarios. Ilustracións: Lomartí. Hikus galegos (2019). Edición dixital Culturalia GZ. Deseño e edición portada Fernanda Hermida Garel. Nos portelos da memoria (2021). Xérmolos. Ilustracións de Lomartí. Prólogo de Xosé Lois García.

Teatro A carón da lareira (2017). Imprenta Besbello, Chantada. No medio da treboada (2018). Imprenta Besbello, Chantada.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas 20pxPaco Ledo presenta Nos cumes do Cántico, a poesía do labrego nun novo libro. Televinte, Chantada (2016) 20pxA aldea, musicado por Alfredo do Castelo.

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Chantada Categoría:Nados en 1952