Ramón Fernández Gacio, nado en Mondoñedo cara a 1935 e finado en Lugo o 21 de maio de 2003, foi un perito agrícola e político galego.

Traxectoria Estudou o bacharelato no Instituto de Mondoñedo, do que despois foi profesor e director. Nas primeiras eleccións democráticas encabezou a candidatura de UCD e foi elixido alcalde de Mondoñedo con maioría absoluta. Nas municipais de 1983 encabezou a candidatura de Coalición Galega que obtivo catro concelleiros. Morreu en Lugo o 21 de maio de 2003 con 67 anos.La Voz de Galicia, 22-5-2003, p. L5.

Vida persoal Casou con Chelo Rodríguez Rey.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Mondoñedo

Categoría:Profesores de educación secundaria

Categoría:Alcaldes de Mondoñedo Categoría:Alcaldes de Galicia pola UCD Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Mondoñedo Categoría:Nados en 1935 Categoría:Finados en 2003