A Biblioteca da Universidade da Coruña é un servizo pertencente á Universidade da Coruña (UDC). Trátase dunha unidade funcional de xestión de recursos de información que dá soporte ao estudo, á docencia e á investigación, mediante a adquisición, a organización e o procesamento dos fondos bibliográficos e documentaisRegulamento de organización e funcionamento do servizo na páxina web da biblioteca da UDC.
Estrutura Estrutúrase como un sistema bibliotecario único , descentralizado en bibliotecas de centros e coordinado a través do Servizo de Biblioteca. Está formado por 17 puntos de servizo entre os campus de Serantes e o da CoruñaInformación xeral na páxina web da biblioteca.:
Campus de Ferrol Biblioteca da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol Ángela Ruiz Robles Biblioteca do Campus de Esteiro - Casa do Patín (Cc. do Traballo, Deseño Industrial, Enfermaría e Podoloxía, Humanidades e Documentación)
Campus da Coruña Biblioteca Central (Servizo de Biblioteca) Biblioteca da Escola Técnica Superior de Arquitectura Biblioteca da Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos Biblioteca da Escola Técnica Superior de Naútica e Máquinas Biblioteca da Escola Universitaria de Arquitectura Técnica Biblioteca da Facultade de Ciencias Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación Biblioteca da Facultade de Ciencias da Saúde (Cc. da Saúde e Fisioterapia) Biblioteca da Facultade de Ciencias do Deporte e Educación Física Biblioteca da Facultade de Dereito Biblioteca da Facultade de Economía e Empresa Biblioteca da Facultade de Filoloxía Biblioteca da Facultade de Informática Biblioteca da Facultade de Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Colección A colección da biblioteca está formada por máis de 850.000 libros, 89.000 libros electrónicos e 49.600 documentos noutros formatos, como mapas, microformas, DVD etc. Conta tamén con máis de 9.200 revistas en papel e 24.500 en formato dixital, ademais de dar acceso a aproximadamente 60 bases de datos que abarcan tódalas disciplinas científicas.
Entre os seus fondos destaca a Biblioteca-Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor, dedicada ao escritor e reputado investigador teatral galego Francisco Pillado Mayor. Trátase dun fondo bibliográfico especializado en teatro, constituído tanto polos libros e revistas doadas por Francisco Pillado como por outros comprados pola UDC, e que se atopa na Biblioteca da Facultade de Filoloxía. Todo o fondo da Biblioteca-Arquivo pódese consultar vía web no catálogo da biblioteca; ademais, no Repositorio da Universidade (RUC), dentro do seu apartado "Coleccións especiais" está accesible a imaxe dixitalizada da totalidade da colección de carteis e fotografías.
Servizos Os principais servizos que ofrece a biblioteca son: Información xeral, préstamos de libros e documentos así como lectores de libros electrónicos e de ordenadores portátiles, cursos de iniciación e formación para o alumnado e servizos varios en liña.
A biblioteca ten presenza nas redes sociais (Facebook, Twitter, Pinterest, Scoop, Google+, Youtube, Flickr ou Instagram).
Referencias
Véxase tamén Outros artigos Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela
Ligazóns externas Biblioteca da Universidade da Coruña
Categoría:Bibliotecas de Galicia Categoría:Universidade da Coruña